- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 17 Mai 2010 17 Mai 2010
Con motivo da presentación en sociedade do histórico encontro que, dentro dos eventos previstos no Trofeo "125 anos Conservas Boya", este domingo 23 de maio enfrentará a partir das 19:00 no Pabellón de O Areal ás seleccións de balonmán de Galicia e Inglaterra, procedemos a dar a coñecer unha noticia que sen dúbidas aledará sinceiramente a tódolos aficcionados camariñáns e que redobra a aposta de camarinas.eu por este deporte: a fichaxe da maior perla surxida da prolífica canteira camariñana, Víctor Vigo, como redactor balonmanístico da web líder da Costa Atlántica. Dita colaboración desenrolarase a partir da próxima tempada 2010-2011 cunha crónica semanal que pasará revista ao realizado polo seu equipo, o Naturhouse Logroño, na Liga Asobal e ás xestas do Conservas Boya na competición rexional. E como aperitivo do que está por vir publicamos, xunto á nota de prensa remitida dende o C.B. Camariñas, as primeiras impresións de Victor Vigo como redactor de camarinas.eu referidas ao previo que enfrontaba ao seu equipo co Octavio Pilotes Posada na derradeira xornada da mellor liga do mundo, partido no que á postre venceu o Naturhouse Logroño e no que acadou unha meritoria quinta plaza final na Liga Asobal. Desta forma a sección de deportes de camarinas.eu queda configurada como unha das mellores do xornalismo galego, tendo como redactores aos dous mellores xogadores de toda a historia da Costa da Morte no ámbito do fútbol e do balonmán. Porque todo o mellor surxido de Camariñas acaba en camarinas.eu, a web obxectiva, imparcial e apolítica: a web feita día a día polas xentes dun Concello único.
Hoxe xogamos contra o Pilotes Posada Academia Octavio (Vigo), as 6:30 porque como é a última xornada teñen que ser todos os partidos o mesmo horario. O Pilotes está descendido e non se xoga nada. Nos estamos pelexando por unha plaza europea, se gañamos acabaremos 5º e se perdemos podemos baixar ata a 7º posición. Temos moitos tocados e lesionados como gran parte do ano, pero debemos de pelexar os 2 puntos e disfrutar do gran ano que fixemos. Xa vedes que como periodista non teño precio, jajjajajaj!!!! Máis nada, enviarlle un saúdo a tódolos usuarios de camarinas.eu, onde nos veremos semanalmente a partir da vindeira tempada, ata logo!!
Trofeo “125 anos Conservas Boya”
Balonmán
Selección Galega – Selección de Inglaterra
11:30.- CASA DE PEDRA.
Recepción dos equipos polo Sr. Alcalde e a súa Corporación Municipal.
12:00.- RUTA TURÍSTICA.
· Visita ao Faro Vilán de Camariñas, museo e arredores.
· Visita as praias de Reira, e ofrenda floral no Cemiterio dos Ingleses, os náufragos do Serpent.
· Recorrido polo Paseo Marítimo de Camariñas.
14:00.- COMIDA.
No Restaurante “Victoria”, terá lugar unha comida de confraternidade para os dous equipos e as autoridades asistentes.
17:00.- MINI-TROFEO.
Disputarase o Mini-Trofeo “125 anos Conservas Boya” entre os equipos seniors masculinos
C.B. Conservas Boya Camariñas – OAR Ciudad (A Coruña)
(1ª división Autonómica) (1ª división Nacional)
19:00.-TROFEO “125 anos Conservas Boya”
A disputar entre os equipos absolutos masculinos:
SELECCIÓN GALEGA – SELECCIÓN DE INGLATERRA




Comentarios
É un honor estar nesta redacción ao lado de grandes como Juanillo e ahora tamén Víctor Vigo. Con vos Camariñas vai a máis!
Deixovos un video do partido entre o Naturhouse e Frigoríficos do Morrazo na liga ASOBAL (a millor do mundo). Atención ao minuto 1:55 o dorsal número 8 colle o balón e mete un golazo. Ese xogador é de Camariñas e chámase Víctor Vigo. O dito, benvido. É un orgullo!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.