4.0461538461538 1 1 1 1 1 Rating 4.05 (65 Votes)

A Desaparición do Imperio Austrohúngaro

Ao igual que o Imperio Austrohúngaro, algúns equipos de viejas glorias amenazan con volatilizarse
Ao igual que o Imperio Austrohúngaro, algúns equipos de viejas glorias amenazan con volatilizarse

Unha tumba aberta cara o ceo encapotado, un corpo que descende ao furado na tarde otoñal da Galitzia polaca, e un variado grupo multiétnico de individuos que asisten ao enterro chegados dende as distintas partes da monarquía como metáfora perfecta da desaparición do Imperio Austrohúngaro en 1918 entre a pasividade indiferente das diversas nacionalidades que o conformaban. Esta escea sacada dunha das novelas do escritor e xornalista austríaco Joseph Roth, o gran cantor da patria perdida, toma corpo trala xornada de cuartos de final do gran torneo de masas da Costa Atlántica na que se puido asistir posiblemente ao último partido dun equipo histórico dentro do xeriátrico futbolístico camariñán: aquel que mellor representaba o talento balcánico, a anarquía creativa, a crispación eléctrica, que pode ser o xoguete roto duns cuartos de final que deixan un regueiro de soños destrozados, de proxectos truncados como antesala dunhas semifinais nas que a tensión pode chegar ao seu culmen paroxístico. Cómpre recordar neste punto que o resultado da I Guerra Mundial supuxo o derrocamento de tres monarcas absolutos (o Zar Nicolás II, o Kaiser de Alemania, o Emperador austrohúngaro), a desaparición de dous imperios (Rusia, Austria-Hungría) e a desmembración do restante a mans dos seus veciños (Alemania), por elo as semifinais da Liga, agora Copa, de Veteranos poden desembocar nun rosario de desaparicións, pillaxes, bandolerismo balompédico e replanteamentos de fronteiras entre os equipos contendentes. Porque do mesmo modo que todo aquel desbaraxuste na Europa Central de 1914 que tanta dor e desolación trouxo consigo nacía dun simple disparo efectuado por un nacionalista serbio nunha rúa de Sarajevo, ¿será un sinxelo gol nas postrimerías dun dos partidos a causa da desaparición de calqueira dos equipos semifinalistas? ¿un travesaño maldito a última hora pode desbotar todo un proxecto muchimillonario? ¿un inesperado penalti mal pitado pode ser a causa de que se desencadene un drama de imprevisibles consecuencias? A resposta este domingo no campo de batalla do Pabellón de O Areal ás cinco da tarde. En horario taurino.


ANTECRÓNICA 
 
Tarde de sentimientos contrastados a do Domingo 9 de Mayo, tarde na que se decidían os pases a semifinal de copa, e que xa de mañanita o anunciaba como ven sendo habitual todos os domingos a Voz de Galicia no seu apartado de deportes, tarde de alegrías, de rabias, de jubilos, de iras e de desfeitas, acabouse o ciclo para grandes equipos que marcaron historia na liga das viejas glorias, enterrouse a aventura para outros que aspiraban ao máis alto, seguirán como sempre os que non pecaron de ambición, remodelaranse os que nunca funcionaron e intentarán reforzarse os principiantes que pecaron de novatos, tamén tarde de alegrías para algúns que non tiñan as semifinales tan claras nun principio, tarde de despedidas para algún xogador que apunta a equipos e xogadas tinerfeñas, vaia ben para Suso que deixa a copa huérfana de zurdos, mil suertes por esa terra do caribe español.
Solo podían pasar catro, e pasaron os catro mellores dos nove, tres deles xa o demostraron no torneo regular de apertura, e o cuarto tiña que salir do Alberto, dos Boliños ou do Ámeal, e foi precisamente o último quen se levou el gato al agua, quedaron fora dous grandes equipos con muitas aspiracións e con xogadores importantes, dous equipos que sufriron un varapalo importante e que según os seus presidentes estan ao borde da desaparición. 

CRÓNICA

Todos os encontros agás o Arnela-Victoria tiñan solo un gol de diferencia no partido de Ida. No partido do Ámeal-Boliños, o primeiro dou a sorpresa ao eliminar ao equipo que rodaba pola liga e copa con xogadas de pizarra e pases de orquesta dirixida polo maestro Socho, o nerviosismo pudo máis que a melodía, a sinfonía e os acordes que solían atesorar en tempos añejos, tempos ahora xa idos, ¿quizás para sempre?, ou....¿quizás non?: tan solo nos quedará o recuerdo das tardes máxicas dos cinco magnificos, de aquel fiel e seguidor público enfebrecido, dos gritos nas gradas, seguirá este quinteto crecendo como equipo, seguirá adiante arrastrando cos tempos un enxambre de seguidores aos cales lle quedará cos anos pequeno o Pabellón dos Areales, ¿quen sabe?...Tan solo un home ten a respuesta... esperararémola. Esperábase máis do Carp.Alberto no derbi burianés, pero o Moleda/Dario demostrou que quen manda en liga manda en Copa. O equipo dos redeiros (Lago Lin) púxolle as cousas difíciles aos do Capelo/kerubín, pero ao final pasou o lider do torneo apertura.

Este domingo empezarán as semifinales, incidir e sentar como norma que se da xa por comunicada, pois todo o que se di na páxina oficial da Liga de Veteranos (Camariñas.eu.) vai a misa, que o equipo que non se presente en calquera dos encontros de ida ou volta, quedará automáticamente eliminado. Antes de estos dous encontros xogarase un partido que enfrentará a os equipos de Boliños, Victoria e Lago Lin en un triangular para luchar por unha copa.

XORNADA DE CUARTOS (VOLTA)

Os Boliños-Expert Ámeal 3-4 (6-8)
Moleda/Dario-Carp.Alberto 13-1 (15-4)
Puerto Arnela-Bar Victoria 7-2 (16-3)
Capelo/kerubín-Lago Lin 3-0 (7-3)

SEMIFINALES 16/5/10

17.00.H. CAPELO/kERUBIN-MOLEDA/DARIO
18.00.H. PUERTO ARNELA- EXPERT-AMEAL

Antes, ás 16.00. horas xogaran o Bar Victoria-Lago Lin


Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.