4.0361445783133 1 1 1 1 1 Rating 4.04 (83 Votes)

Os graderíos do mítico Estadio do Cotro quedáronse pequenos para ver unha auténtica exhibición futbolera
Os graderíos do mítico Estadio do Cotro quedáronse pequenos para ver unha auténtica exhibición futbolera

Cita ca Historia no Cotro

Probablemente, xa con anterioridade á invención en 1863 do football e á súa posterior introducción en España a finais do s. XIX por traballadores británicos das Minas de Riotinto (Huelva), no Monte de O Cotro existía un descampado e nel algún camariñán lle daba patadas a un balón. E sen embargo ao longo de toda  esta dilatada e lexendaria traxectoria o máis antigo e histórico dos Estadios do Concello nunca vira un partido disputado con porterías oficiais e líneas reglamentarias. Ata que na soleada e calurosa tarde do domingo 25 de abril de 2010, último día das Festas de San Xurxo, os máis finos estilistas balompédicos do Distrito de Buría congregáronse, acompañados por unha entusiasta lexión de seguidores, para disputar un histórico partido de Solteiros contra Casados, que deixou para os anales un resultado tan estratosférico que non chegan os números do teclado do pc para plasmalo. Posteriormente, as seccións inferiores do futuro FCB (Football Club Buría) aproveitaron a ocasión que se lles brindaba para reivindicarse ante os seus maiores nunha serie de partidillos. Polo momento a falta de equipación propia fixo que se vislumbraran sobre a alfombra impecable de O Cotro unha variada constelación de camisetas con claro predominio das do Barça, unha camisola heroica do Real Madrid e incluso algunha daquel histórico FC Camariñas patrocinado por Empresas Grifomar. Instantes gloriosos que pasarán á historia gracias as espectaculares imaxes e impresionantes vídeos captados pola cámara privilexiada de camarinas.eu.


 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.