4 1 1 1 1 1 Rating 4.00 (72 Votes)

Os Boliños, un equipo embarcado en dúas competicións: o seu duelo particular co Arnela e a propia Copa
Os Boliños, un equipo embarcado en dúas competicións: o seu duelo particular co Arnela e a propia Copa

O retorno do espíritu de Juan Guerra

A finais dos anos 80 no entorno do entón partido gobernante desatáronse con estrépito e indignación toda unha constelación de casos de corrupción: o de Juan Guerra, irmán do vicepresidente; o do outro irmán, máis hortera, máis chulo e máis patilludo ("¡te va a comel-la patilla, mamón!"); o de Roldán; o asunto Filesa, casos que, á fin e á postre, acabaron desaloxando do poder a ese mesmo partido daquela presidido por quen un xuiz estrela da Audiencia Nacional dou en chamar Mister X como paso previo para metelo en prisión de por vida. Agora, todo aquel clima de corrupción desatada volve a facerse presente cunha reentrada triunfal: oscuras tramas como o Caso Gurtel, ex-presidentes de Comunidades Autónomas (Jaume Matas) obrigados a pagar fianzas millonarias, aquel mesmo xuiz estrela que acumula ata tres causas distintas perante o Tribunal Supremo, unha delas por pedirlle 300.000 euros ao banqueiro máis rico de España nunha emotiva misiva ("Querido Emilio...")... Ante a chegada da última xornada da súa liga regular, o gran torneo de masas da Costa da Morte non podía permanecer inmune a esta ola de corrupción das máis altas esferas que nos invade e oscuros trapicheos e sobornos a base de mariscadas e voltas de cubatas fan a súa aparición para evitar os cruces de cuartos de final. Unha ola de depravación e podredumbre contra a que a Organización xura loitar ata o seu último alento. ¿Será a Organización da Liga, agora Copa, de Veteranos, a semellanza do Tribunal Supremo obxecto de furibundos e brutais ataques físicos e mediáticos? ¿Poderán resisitir estos dous últimos baluartes da legalidade española o rosario de persecucións que se lles veñen enriba? En fin, baste recordar cando un día Juan Guerra se encamiñaba ao seu enésimo careo xudicial e fui interpelado por unha indignada ciudadana anónima: " ¡¡Pero que cara de ladrón tienes!!". A o que este contestou, raudo, impávido: "Y tu, de p..."

 
CRÓNICA 8ª XORNADA

Xornada de trapicheos esta na que algún equipo non lle interesaron os tres puntos en xogo e non se presentou arriesgándose a unha fuerte sanción por parte do comité. Estamos investigando si hubo percebes polo medio ou voltas de cubatas por San Jorge, temos medio testigo que que pudo ser con premeditación, alevosía e nocturnidad a ofrenda que algún presidente lle dou a certos xogadores para que se deixaran ganar e por goleada: os maletíns tamén corren pola Liga das viejas leyendas. De todas formas para a próxima xornada esperamos estén todos os equipos en condicións lúcidas e co uniforme intacto a pesar das fuertes resacas que se presume atesorará algún que outro xoven e non tan xoven.
A organización non quer que quede ningún partido da xornada sin xogarse, polo que estimou que o que non presente os efectivos necesarios para o desenrolo do encontro sancionarase estrictamente con varios puntos, e non de sutura sinón dos que da muito traballiño ganalos.
Preséntase con incertidumbre esta novena e última xornada do torneo apertura que como marcan os cánones deixa todo no aire para ver quen queda fóra e quen se enfrenta con quen na eliminatoria de cuartos de final, nadie ten o puesto asegurado agás o Ámeal que pase o que pase non se moverá de seu 5º puesto. As quinielas están postas e as apuestas á espera do rival que nadie saberá quen é hasta que se xoguen os derradeiros partidos. Faltan saber os cruces, quen queda líder e quen queda fóra, por faltar hasta falta por saber si o colegiado aparecerá despós de tantos días de festa, en fin que Dios nos colla confesados e que sea o que el queira.

Como máximo goleador está Nando do Moleda seguido muy de cerca por Tono/Boliños, Alberto/Capelo, Darío/Moleda e Piché/Arnela.

Como trofeo Zamora están cinco porteiros nas apuestas e todos en espera do que demostren nas eliminatorias.

Como xogador cinco estrellas da semana temos a Pedriño do Moleda, pois fui el quen abrío o marcador que lle dou a victoria a seu equipo.

RESULTADOS

Lago Lin - Puerto Arnela 3-5
http://www.facebook.com/l/8eeb4;Carp.Alberto - Boliños 4-6
Moleda/Dario - Ameal Expert 4-2
Bar Victoria - Punta Capelo 2-5

CLASIFICACIÓN

Puerto Arnela ----- 8/19
Moleda/Dario ------ 7/16
Punta Capelo ------- 7/16
Boliños ------------- 7/15
Expert Ámeal ------ 7/10
Carp.Alberto ------- 7/7
Lago lin ------------- 7/6
Bar Victoria -------- 7/3
Xaviña F.S. --------- 7/1

PRÓXIMA XORNADA ( 25/04/10)

14.00.H. Xaviña-Punta Capelo
15.00 H. Ameal-Boliños
16.00.H. Bar Victoria- Carp.Alberto
17.00. H.Lago Lin-Moleda/Dario

Image

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.