- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 22 Abril 2010 22 Abril 2010
Comenzan as obras de rehabilitación do Campo do Cotro

O albor dos novos tempos parece por fin chegado ao Campo do Cotro ca instalación das porterías
Tras longos e escuros anos de total abandono, parece que as distintas administracións comenzan a dar os primeiros pasos para proceder a remodelar o máis histórico e antigo dos Estadios do Concello: o Campo do Cotro. Este xoves 22 de abril de 2010, víspera de San Xurxo, a redacción de camarinas.eu na súa puntual visita semanal ao gran santuario espiritual do fútbol camariñán, o Monte do Cotro, puido comprobar cáseque con bágoas nos ollos e un tremor de emoción agarrotando a gorxa como dúas porterías aptas para a práctica indistinta de futbito y/o balonmano foran instaladas no mítico estadio propiedade da Federación de Buría e futura sede do FCB (Football Club Buría). O cal, obviamente, plantexa unha serie de inquedantes incógnitas: ¿constitúe este o punto de partida para o desembarco no auténtico templo futbolístico de Camariñas dunha inversión muchimillonaria destinada a paliar décadas de abandono administrativo? ¿Veranse estas porterías acompañadas da construcción dos indispensables graderíos? Neste último caso e dado o escaso do terreo dispoñible ¿optarase a semellanza do Estadio Vicente Calderón pola construcción dun túnel baixo a grada para facilitar o tránsito automovilístico cara ó centro urbano do Cotro? ¿O carácter unisex (futbito/balonmano) das porterías permite pensar nun estadio multiusos? ¿Veremos ao Conservas Boya xogar os seus partidos sobre o firme impecable do Buríastadium? Finalmente, e dado as datas nas que nos atopamos ¿quedará toda este despliegue nunha sinxela (aínda que necesaria) homenaxe ao noso Santo Patrón?









Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.