4.1195652173913 1 1 1 1 1 Rating 4.12 (92 Votes)

As mans expertas de Emilio controlan o pulsómetro que marca os tempos do gran torneo camariñán
As mans expertas de Emilio controlan o pulsómetro que marca os tempos do gran torneo camariñán

El Origen de las Especies 

"Cualquier estupidez en los Balcanes, ese será el origen de la futura gran guerra europea". Con esta clarividencia e anticipación o canciller alemán Otto Von Bismarck predixo xa a finais do século XIX a que sería a 1ª Guerra Mundial, aquela que entre 1914-1919 deixaría unha Europa devastada, uns cementerios inundados con 10 millóns de cadáveres e un escenario final perfecto para o desencadenamento dun conflicto bélico aínda de maiores proporcións. Polo que visto o precedente, ¿cal foi a orixe do gran torneo de masas da Costa da Morte? ¿Que provocou que todo un batallón de varóns de mediana e avanzada idade domingo tras domingo se calce os borceguíes, se ate os machos e deleite aos tendidos? Tal vez á vista do espectáculo inigualable chegou o momento de que algún naturalista en plan Charles Darwin viviseccione os cráneos privilexiados, lobotomice as neuronas intuitivas capaces de diseñar un torneo no que chegan a alternarse ata sete porteiros baixo o travesaño nun mesmo partido. Por elo, non debe desbotarse a posibilidade de que, atraídos polo éxito do gran experimento deportivo camariñán, calqueira día atraque no noso porto un estilizado veleiro bergantín do que, a semellanza da recalada do Beagle nas Illas Galápagos, descenda pola súa escaleira de man todo un equipo de científicos británicos dispostos a reclamar para a ciencia os cerebros portentosos dos grandes ideólogos da Liga, agora Copa, de Veteranos de Camariñas. É máis, ¿acabarán os rostros dos responsables de semellante xesta mediático-deportiva adornando, tal e como aconteceu con Darwin, as futuras etiquetas de anís de El Mono?


 CRÓNICA 7º XORNADA DE COPA

Intensísimo o encontro que enfrentou aos dous favoritos para alzarse ca primeira edición da Copa de Fútbol-Sala de Veteranos de Camariñas, o Moleda/Dario e o Punta Capelo, que volveron a empatar a todo e xa van dous empates e unha victoria para o Moleda nos tres enfrontamentos directos entre estos equipos, destacando as grandes intervencións dos juardamallas Fran Maldini e Pepe Carballo no encontro estrela da semana. Por outro lado o Arnela sigue liderando a tabla do torneo apertura pero fáltalle o partido de descanso polo que se preveé que caia da primeira posición nas vindeiras xornadas. No seu encontro ganoulle ao Ámeal nos últimos minutos. No partido dos Boliños co Lago lin víronse debaixo dos tres paus sete porteiros distintos, era un ir y venir, un juego de cambios, unha sinrazón, un noentiendo, unquepasaaquí, o colegiado de Lingunde non sabía a que se xogaba, nin si había porteiro ou si todos eran xogadores ou si o que se estaba a xogar era un partido de futbito ou unha partida de futbolín, contan que aljún grito de ánimos oíose desde a Millarenga, outros din que tamen oíronos na punta do Curbeiro e outros din que o nerviosismo nótase que vai a más porque están chejando as eliminatorias. O Alberto co equipo de gala ganoulle aos xaviñáns de Pablo e polo demáis como diría Julito la vida sigue igual.

Como xogador cinco estrellas da semana nombramos a Fran, juardamallas do Moleda, un auténtico porteiro dos de antaño, tranquilidad, sabiduría y equilibrio de mente y cuerpo.

RESULTADOS
Xaviña - Carpinteria Alberto 4-9
Moleda/Dario - Punta Capelo 1-1
Pto Arnela - Expert Ámeal 4-2
Boliños - Lago/Lin 7-5
CLASIFICACION

Puerto Arnela - 16
Moleda/Dario - 13
Punta Capelo - 13
Boliños - 12
Expert Ámeal - 10
Carp.Alberto - 7
Lago-Lin - 6
Bar Victoria - 3
Xaviña FS - 1

PROXIMA XORNADA(18/04/10)

16.00 - Lago/Lin-Puerto Arnela
17.00 - Carp.Alberto_Boliños
18.00 - Moleda/Dario-Ameal
19.00 - Bar Victoria-Pta Capelo

 

 

Comentarios   

bibelon
+2 # liga de veteranosbibelon 17/04/2010 10:18
vamos lago lin que podemos
Denunciar ante o administrador
dani11
+2 # gracias por poñer os horariosdani11 17/04/2010 15:47
gracias por poñer os horarios
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.