4.2158273381295 1 1 1 1 1 Rating 4.22 (139 Votes)

Este sábado 10 de abril no Pabellón San Francisco Javier cunha victoria por 31 a 28 ante o Toscaf Avilés remataba o OAR Coruña a tempada 2009-2010 na 1ª División Nacional A, exercicio no que acadou un excelente e meritorio cuarto posto e no que destacaron as actuacións sobresaíntes de dous xogadores saídos da prolífica canteira de Camariñas: Cristian Vigo e Fabián Canosa.  Neste senso hai que indicar que si fantástico foi o primer ano no cuadro coruñés do porteiro camariñán, facéndose ca titularidade tras unha dura competencia con Abel Valcárcel, Álvaro Couceiro e o xuvenil Ignacio Santos, de impresionante hai que describir a segunda tempada no conxunto dirixido por Pablo Aguirregabiria dun Fabián Canosa, que ben como pivote ben como lateral dereito, foi con diferencia o xogador con máis minutos disputados chegando a cuaxar actuacións portentosas. Unha progresión meteórica e fulminante corroborada pola propia páxina web do OAR que chega a afirmar que "quizá lo más relevante ha sido la participación masiva de Fabián Canosa en todos los puestos. La progresión del jugador ha sido espectacular, con todas las virtudes que precisa un jugador universal para luchar en el pivote, primera línea y, sobre todo, dirigiendo al equipo desde el centro". En definitiva, o xusto recoñecemento á gran tempada desenrolada por estes dous camariñáns na capital herculina e que de seguro repetirán nun vindeiro exercicio que botará a andar alá polo mes de agosto.

Comentarios   

jose de marta
+2 # RE: Resume da tempada de Fabian Canosa e Cristian Vigo no OAR Coruñajose de marta 14/04/2010 22:46
A ver si teñen suerte os 2 e poden chegar a Asobal,muita suerte pos 2.
Denunciar ante o administrador
Marcos Amigo
-1 # Fabian Canosa e Cristian VigoMarcos Amigo 18/04/2010 13:50
Merezeno despois do esforzo qe fixeron en camariñas, e tamén son moi bos rapaces
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.