4.7746478873239 1 1 1 1 1 Rating 4.77 (71 Votes)

Continúa o bache do Cerceda

Juanillo, o Mago de Corea desgrana todo o acontecido nesta derradeira xornada de futbol para Camarinas.eu
Juanillo, o Mago de Corea desgrana todo o acontecido nesta derradeira xornada de futbol para Camarinas.eu

Tivo que ser precisamente na fase decisiva do campeonato, nese sprint final de xornadas no que se deciden as posicións definitivas da táboa clasificatoria, cando un Cerceda seriamente mermado pola baixa de Juanillo entrou nun bache que dura xa demasiado e que prácticamente eliminou tódalas posibilidades do equipo cercedense de rematar como campeón. Agora cumpre rematar a liga en segundo posto para manter as opcións na liguilla de ascenso. Esta semana dobre xornada de mércores e domingo, ca presencia das cámaras da TVG2 neste último encontro diante dun CD Ourense antaño presidido polo inesquencible Manoel Rois. Unha ausencia dos terreos de xogo que non impide que o Mago de Corea siga a impartir dende a súa catedra futbolística as sabias leccións que identifican ao mellor xogador da historia da Costa da Morte. Polo demáis, xornada agridoce que contemplou a victoria do Porteño e a derrota do FC Camariñas nun partido onde o obxectivo privilexiado de camarinas.eu estivo presente e captou unha amplia galería fotográfica.


Tan só o Porteño foi capaz de vencer nunha nova fin de semana que trouxo malos resultados.

CERCEDA 1- CULTURAL DE AREAS

Nova derrota na casa que ven a demostrar que estamos inmersos nunha crise de resultados e de xogo. Xa son tres as derrotas consecutivas que levamos o que nos fan decir practicamente adeus ao título de liga pois o Deportivo B sácanos 8 puntos a falta de disputarse tan só 5 encontros. Moi negativa a racha que levamos e na que debemos de saír este vindeiro mércores se non queremos sorpresas de última hora que nos leven a perder o segundo posto que nos daría acceso a xogar a Copa do Rei. Malo, moi malo o partido que fixemos diante dun conxunto a priori moi inferior a nós pero que supo aproveitarar súas ocasións para levar o gato á auga. Adiantouse o Areas no marcador moi pronto, sería no minuto 6 cando Antonio, un compañeiro meu, metería gol en propia porta e a partir de ahí empezamos a navegar en contra do vento e a xogar dunha forma moi directa que non daba ningún resultado. No segundo tempo o Areas voltaba a marcar e a deixar practicamente sentenciado o encontro.
Chegaría o 1-2 obra de Antonio cando todavía quedaban 15 minutos, pero non foi tempo suficiente para lograr empatar o partido, pois non chegábamos con claridade á portería contraria e desa maneira é imposible meter goles. Este mércores vamos a Verín, é o último clasificado, pero como non cambiemos de chip non gañaremos. Espero xa xogar contra o Varín e deixar atrás esta lesión que tantos problemas me trouxo. O vindeiro domingo recibimos ó Ourense, partido que será televisado as 6 da tarde na Galega 2.

CAMARIÑAS 1-2 SOFÁN

Partido que os homes de Papi perderon sen merecelo, o Camariñas foi superior en todo menos no máis importante, o resultado final. Dinos Papi que o seu equipo saleu con tensión e con gañas ó campo motivo polo cal o Camariñas foi o dominador do partido. Mediado o segundo tempo, un erro garrafal do árbitro, non sinala un claro fora de xogo dun xogador do Sofán que marca o 0-1 provocando un enfado monumental tanto no público como no equipo local. Seguiría o Camariñas co seu dominio e fruto del, Javi logra o 1-1 no marcador.
Antes do descanso ten o Camariñas unha ocasión moi clara que Javi non consigue materializar. Tras o descanso o partido embarúllase un pouco e nunha xogada sen perigo, o árbitro sinala man ó borde da área. Un xogador do Sofán tira e marca gol polo lado do porteiro Rubén que poido haber feito algo máis. Novamente tiñan que remar en contra da corrente os homes de Papi e sería novamente Javi no minuto 90 quen poido empatar un encontro que ó final se lles escapou das mans ós home do adestrador muxián do Camariñas. Para a semana o Camariñas visitará Corme para enfrontarse ó equipo desa localidade.
Hai que decir que no sorteo da Copa da Costa o Camariñas enfrontarase ó Vimianzo, Papi está preparando unha mini-pretemporada para afrontar con moita ilusión o torneo de máis relevancia por excelencia da zona, a Copa da Costa.

MONTE LOURO 1-3 PORTEÑO

Magnífica a victoria acadada polo Porteño de Roski que consigue 3 puntos de ouro neste importantísimo tramo final de liga. Puntos que non sirven para distanciarse dos de abaixo posto que tamén gañaron pero que dan moita confianza para afrontar 2 partidos consecutivos na casa e que se antoxan fundamentais. Dinos Roski que o partido foi máis fácil do que a priori se pensaba, o Monte Louro xogou con un dianteiro de porteiro e iso notouse moito. Sería Robertito quen de falta directa anotaría o 0-1. Este xogador que recupera o Porteño despois de estar lesionado vai ser moi importante neste tramo final de liga xunto con Juan o Vello que para o meu entender é o xogador máis importante e valioso deste Porteño sen desmerecer ós outros. Óscar conseguiría o 0-2 despois de que Cousillas lle deixara a placer un balón que roubara anteriormente. Antes do descanso chegaría o gol do Monte Louro que poñía algo de nerviosismo para afrontar o segundo tempo.
Tras o descanso e despois dunha xogada ensaiada, xogada de pillos ó mais puro estilo Messi e Pedrito, sacouse rápido unha falta sen que lle dera tempo a colocarse ós xogadores rivais, Piti acada o definitivo 1-3 que deixaba sentenciado o encontro. Para a semana o Porteño de Roski recibe ó Carnota. Algo máis que 3 puntos se xogan os da Ponte do Porto nun partido crucial para as aspiracións de manterse na categoría. Na Copa da Costa o Porteño tocoulle un dos rivais máis difíciles, un dos dos favoritos, o Dumbría.
 
VETERANOS
 

Na copa de veteranos vamos a ter derbi camariñán, o Camariñas de Gonzalo enfrentarase ó Porteño, un derbi que ainda non ten data exacta, pero que aquí en camarinas.eu esperamos con ansiedade.

{multithumbs}

Comentarios   

jose de marta
+2 # RE: A Cronica do Mago de Corea 10-04-2010jose de marta 13/04/2010 17:35
Vale pedrito xa che valio,jajajaja, deixasme mensajes en todos os lados jajajajaja.\\\\ \\\eso e o teu roncero,jajaja.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.