- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 01 Abril 2010 01 Abril 2010
Despois da forte aposta inversora acometida pola Deputación da Coruña e o Concello de Camariñas no Estadio Hermanas Patiño, tocaba inaugurar oficialmente as novas instalacións unha vez rematadas as obras e que deixan un recinto espectacular para a práctica do rei dos deportes. E o momento elexido foi este xoves santo, segundo día da Mostra do Encaixe 2010, cun encontro que enfrontaba a un combinado de xogadores do FC Camariñas e o Porteño contra os Veteranos do Deportivo da Coruña. Comandados polo entrañable Arsenio Iglesias, o Zorro de Arteixo, e con viejas glorias do deportivismo nas súas filas como Donato, Paco Jémez ou o ex do Extremadura Manuel, os coruñeses acabaron impoñéndose á selección camariñana por un contundente 3 a 0. Nembargantes, si deixa o Trofeo da Mostra do Encaixe 2010 para a historia un recordo en términos estrictamente futbolísticos, este foi o protagonizado polo impresionante saque de honor "ao estilo Panenka" executado cunha maestría exquisita e un escorzo perfecto polo Alcalde Pichurri, que desta forma reverdecío por un momento vellos laureles futboleros olvidados. Camarinas.eu non podía faltar á inauguración oficial do gran estadio municipal de Camariñas e captou unha galería fotográfica de 135 imaxes.
Comentarios
Fotos que se gardarán para a historia do pueblo.
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.