3.59375 1 1 1 1 1 Rating 3.59 (32 Votes)

Convocado o 2º Campeonato de Pesca "Cabo Vilán"

Todo está listo na Asociación de Empresarios para a segunda edición do Concurso de Pesca Deportiva
Todo está listo na Asociación de Empresarios para a segunda edición do Concurso de Pesca Deportiva

Pois efectivamente, segundo nos comunican dende a Asociación de Empresarios de Camariñas xa está todo listo para que o próximo 20 de marzo de 2010, como antesala da Mostra do Encaixe que engalanará a Vila dos Encaixes durante os sagrados días da Semana Santa se leve a cabo a 2ª edición do Campeonato de Pesca "Cabo Vilán". A zona acotada para a práctica da pesca será a semellanza da primeira edición dende a Praia da Pedrosa ata o fértil Areal de Trece. Haberá premios para os primeiros clasificados e un ríxido reglamento que cumprir. En todo caso, os interesados en participar teñen no interior desta noticia as bases do campeonato. 

{tab=Bases do Campionato}

Para poder participar os pescadores que contarán coa correspondente licenza de pesca e coa licenza federativa, de non contar con ela, esta será facilitada pola organización, a que se lle deben de facilitar os datos persoais unha semana antes da proba, por mor de tramitar o seguro correspondente.

ESCENARIO

O escenario será dende o Monte Pedrosa- A Praia de Trece. Para a saída haberá dous puntos de encontro.; 1.-Portela de Reira; 2.- Cemiterio dos Ingleses. A organización dependendo do número de participantes poderá modificar as zonas de pesca o mesmo dia da competición.

NORMAS DE DESENVOLVEMENTO

As 8:00 horas do 20/3/2010 os participantes estarán na Lonxa de Camariñas para a presentación do programa. O Campionato constara de 2 mangas, que serán de 9:30 da mañán ata 13:30 horas , das 13:30 ás 15:00 horas picnic na zona de pesca. A  segunda manga será das 15:00 horas ás 19:00 horas. Levaranse as capturas para lonxa para facer o pesado e determinar a puntuación segundo as bases.

Os participantes non poderán estar na zona de pesca antes do sinal “inicio de proba”. O sinal de “fin de proba” é obrigatorio o cese inmediato da acción de pesca, debendo retirarse a cana cobrando normalmente o aparello.

CONTROIS

A Asociación organizadora disporá dos controis que considere necesarios.

NORMAS DE COMPORTAMENTO

1.-Nas competicións de lance, (en praia) permítese entrar na auga (máxima entrada, á altura aproximada do peito do participante) por un período breve de tempo e sempre dentro dos límites do seu posto e prolongación imaxinaria.

2.- A posición do participante, unha vez efectuado o lance, debe estar na parte seca do borde da auga, desde onde exercitará a acción de cravado e loita coas pezas cravadas.

3.- O lance pode realizarse desde calquera posición dentro do posto de pesca, realizados sempre en dirección e dentro do seu espazo de mar delimitado pola prolongación imaxinaria do seu posto. Quedan prohibidos os lances oblicuos.

4.- Prohíbese, así mesmo, calquera lance realizado por detrás doutro participante contiguo que naquel momento se atopase dentro da auga. Dende as rochas terase en conta unicamente a seguridade dos participantes.

5.- O Xuíz ou os controis poderán corrixir se é o caso a posición ou distancia do mar.

MATERIAL DEPORTIVO

1.- O chumbo  será de 60 gr. Mínimo e deberá sempre tocar fondo. CANAS. Autoriza o uso de dúas canas en acción de pesca. As cañas de reserva, sen limitación, poden estar montadas, con ou sen carrete, pero non co aparello ou baixo de liña.

2.- CARRETES. É opcional o tipo de carrete, xa sexa de bobina fixa ou  xiratoria.  Nas probas de lanzado usarase carrete recuperador. 

3.- LIÑAS. Libres tanto en diámetro, como na súa composición.

4.-BAIXOS DE LIÑA. Son libres en dimensión, diámetro e composición. Soamente poderán ir provistos dun máximo de tres amocelos. Permítese : Ter dispostos e provistos de isco cantos baixos de liña considere necesarios. Utilizar, sempre fóra do amocelo, materias atraentes como perlas e plumas  coloradas, pezas fluorescentes, etc.  Non se permite: Colocar nos baixos de liña, elementos olorosos. 

5.-FLOTADORES.  Prohíbese o uso de flotadores nas probas de lanzado.

6. CEBOS. Poderán utilizarse toda clase de cebos naturais ou de orixe orgánico autorizados polo Organismo competente en materia de pesca marítima. Queda prohibido o cebado das augas na pesca de lanzado. Se as circunstancias de índole administrativo, limitasen determinados cebos, a organización, previa autorización do Comité, porao en coñecemento dos participantes con anterioridade á data de inscrición.

CAPTURAS

1.-  Considéranse válidas:  As que superen a medida mínima legal establecida como especies  obxecto de pesca para a Competición, obtidas en tempo e forma.   A que fose extraída por varios amocelos e aparellos de diferentes participantes, que se lle computará, como captura válida. Ao participante que teña enganchada co seu amocelo a peza pola boca.  A peza cravada en “fin de proba” e fora extraída co movemento de recollida, sen tempo extra para traballala. 

2.- Non se considerarán válidas:  As pezas que teñan máis de un amocelo na boca ou fóra dela de distintos participantes.  As que non superen a medida legal establecida.  Os peixes manipulados ostensiblemente.  A presentación na pesaxe de capturas non válidas, faculta ao Xuíz ou Xuíces da competición para descalificar as pezas e deducir a puntuación que lles correspondería en caso de ser consideradas como válidas.O rematar o campionato , cada participante poderá levar a súas capturas.

CLASIFICACIÓNS

1.- Establécense as seguintes puntuacións para as diferentes capturas :  Grupo A: Robaliza, Dourada, Sargo, Choupa e Pargo. Terán CINCO puntos por gramo de peso.

Grupo B: Pintos e Maragotas que superen ou igualen o peso de 1 Kg terán TRES puntos por gramo de peso.

Todos os demais peixes que non se atopen dentro destes grupos ou que non superen o 1 Kg, son da clase B terán UN PUNTO por GRAMO  do peso total de capturas válidas.

2.- As clasificacións faranse por zonas (sectores)  e por mangas.

3.- Clasificación individual tendo en conta  as capturas válidas e o seu peso. En caso de empate: Na clasificación individual por manga: clasificarase antes o que teña computado o menor número de pezas. Se hai igualdade desempatarase pola peza maior; e se continúa a empate asignaráselles o mesmo posto.  Na clasificación final individual: Se hai empate na suma de postos das diferentes mangas terase en conta :  O participante que obtivese un mellor posto nas mangas.

PRAZO DE INSCRICIÓN: 08-02-09 ATA O 12-03-09.                         
Nº TELÉFONO: 677351799 - 662488253
Nº FAX: 981736518
CORREO ELÉCTRONICO:Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
INSCRICIÓN : 40,00 €
INGRESO Nº CTA: 2091-0061-13-3040002859

UNHA VEZ CUBERTA A INSCRICIÓN E FEITA A TRANSFERENCIA BANCARIA PREGASE ENVIEN POR FAX OU EMAIL A INSCRICIÓN E O RECIBO BANCARIO.

PREMIOS
1º 800€    
2º 400€
3º 200 €
4º 1 CAÑA DE PESCAR EVIA (valorada en 130 €)
5º 1 CARRETE (valorado en 50 €)

PREMIOS ESPECIAIS
PREMIO A MAIOR CAPTURA: 200€
PREMIO O 1º CLASIFICADO DO CONCELLO DE CAMARIÑAS : 1 EQUIPO COMPLETO DE PESCA.(CARRETE E CANA)

ORGANIZADOR:
ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS E DE PROMOCIÓN TURÍSTICA DE CAMARIÑAS.

PATROCINADORES:
ESTRELLA GALICIA
GRUPO FRAIDA
RECREATIVOS GRIFOMAR
INDUSTRIAS CERDEIMAR
MUEBLES SAMBADE
AUTOS FONDO
RICARDO MAS
KALI
EVIA

COLABORADORES:

FEDERACIÓN GALEGA DE PESCA

CONCELLO DE CAMARIÑAS

{tab=Programa}

CAMARIÑAS
II CAMPIONATO DE PESCA “CABO VILAN”
MODALIDADE MAR-COSTA


PROGRAMA:

  • 8:00 h.    Concentración dos participantes e sorteo das zonas de pesca no peirao novo - lonxa  Camariñas.
  • 9:30 h.    Comezo da competición. 
  • 13:30 h.     Final da primeira manga. 
  • 13:30 ás 15:00 h.  Descanso, pícnic na zona de pesca. 
  • 15 h.         Comezo da segunda manga. 
  • 19h.         Fin da competición.
  • 19:30 h.     Pesada: na Lonxa de Camariñas.
  • 21h:         buffet e entrega de premios no restaurante catro ventos

Nota: As capturas serán recollidas pola organización nos puntos de encontro  de 13,30  a 14h a primeira manga e de 19 a 19,30h. na segunda.

Puntos de encontro:
1.- portela de “reira”
2.-cemiterio   dos ingleses, ou no percorrido da rúa que bordea a zona de pesca.
non serán válidas as capturas entregadas fora do prazo fixado, nin as entregadas directamente polos deportistas na pesada.
Na reunión de deportistas o xurado da poderá fixar outras normas ou modificar estas.
cada participantes pescará en cada proba nunha zona distinta, segundo o resultado do sorteo.

Comentarios   

E logo ti de quen es
+1 # Como me gustaria estarE logo ti de quen es 26/02/2010 10:24
Por supuesto no para aspirar a ganar, ¡pues no hay figuras ni nada en Camariñas!, todos los veranos flipo en colores, mentres eu saco un calamar, os nenos sacan vinte".

Animo, y que gane el mejor.
"E logo ti de quen es"
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.