- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 25 Febreiro 2010 25 Febreiro 2010

A Liga de Veteranos convertío O Areal no maior centro de peregrinación deportiva da Costa da Morte
Graceland
Foi o compositor norteamericano Paul Simon o que consagrou na súa canción Graceland, pioneira de fusión pop-rock con ritmos étnicos sudafricanos, a mansión sureña testigo da vida e pasión de Elvis Presley como santuario de peregrinación para as masas desarrapadas norteamericanas: "Poorboys and pilgrims with families and we are going to Graceland". Efectivamente, rapaces pobres e peregrinos e familias enteiras acudían devotamente baixo o sol abrasador cara Memphis, Tennessee. De igual xeito, o pobo humilde e traballador camariñán, aquel ignorado nos seus divertimentos polas cuantiosas subvencións públicas e polos potentados muchimillonarios municipais, acudirá relixiosamente en masa cada domingo a un Pabellón de O Areal, convertido en centro de peregrinación deportiva. Porque estamos a falar dunha liga, agora Copa, cun logotipo propio protexido por tres leis norteamericanas anticopia (C, R, TM) e na que, tal e como rezaba a canción do xenio xudeo de Newark, New Jersey, hai sobradas razóns para crer que todos seremos ben recibidos: "Maybe I've a reason to believe We all will be received In Graceland".
Comenzou a Copa da Liga máis importante e si non máis impactante da
Costa da Morte: a única, genuina e auténtica Liga de Veteranos da
costa máis abrupta, inigualable e inimitable de todas cantas se poñan
diante e das que quedan por atrás, a Copa da Costa da Morte dos
Veteranos de Camariñas, donde hasta antonte xogaban catro clubs e que
ahora se xoga desde o venres, día que precede ao sábado de borrachera
que ao mismo tempo se antepoñe ao domingo de tapeteo, resaqueo e
liguero nun pabellón ahora xa multifamoso por mor de que en esa tarde
de eructos riojanos e salsas multicolores de tapas, o enchen as
multitudes que se acostuman a dar nos baretos camariñáns… e máis aínda
desde que o antonte de onte surxío no último minuto da última hora do
último día un novo equipo que participará na máis variopinta e
apabullante copa de tódolos tiempos, en concreto e sin nomes terciarios
nin medias tintas nin pelitos de jaitas, apuntouse o XAVIÑA co reto de chejar
san e salvo hasta a final de tan traballada copa,
comandado e dirixido polo gran amigo de todo a organización Pablo do
Caracol, que por cousas da vida e dos amores fui recalar a puerto sin
mar a pesar de que a súa trincheira e traballo habitual sije sendo na
mítica, destartalada e deconstruida Lonxa do Curbeiro e aledaños.
Esta copa empezou con un sorteo no bar/sede do campeonato, o Arnela, donde unha man inocente, virxen sejún el e sin intereses de ningun tipo como fui a de Vicente, o mítico porteiro do mellor Camariñas C.F., sacou as papeletas que deron os primeiros encontronazos de este xa pasado Domingo futbolero que a continuación detallamos punto por punto.
Esta copa empezou con un sorteo no bar/sede do campeonato, o Arnela, donde unha man inocente, virxen sejún el e sin intereses de ningun tipo como fui a de Vicente, o mítico porteiro do mellor Camariñas C.F., sacou as papeletas que deron os primeiros encontronazos de este xa pasado Domingo futbolero que a continuación detallamos punto por punto.
O Xaviña de Pablo empezou con mal pe a andaina por esta Copa, primeiro
porque tocoulle co campeón da liga o Bodegón A Moleda, e segundo porque
levou doce no cesto, e todo a pesar das grandes intervencións de seu
jardamallas "O Rojo". O Lago Lin cos seus novos fichajes
multimillonarios perdío co Ámeal, e no mellor partido da xornada o
Alberto empatoulle ao Puerto Arnela nos últimos sejundos, mentras os Boliños
janaron a jatitas ao Victoria de Zacarías e Cia, todo esto mentras o
Punta Capelo tiña o seu día de descanso.
Decir como posdata que para esta edición temos o apoio indiferente e incondicional do tecnico de deportes, o cal se comprometio ao que faja falta dentro das suas posibilidades a que o pabellon este disposto pa estas viejas glorias cantos domingos lle pidamos, meu agradecemento desde aquí.
Como xogador cinco estrellas nombramos a Ramón do Meu Lar, polos 3 goles que puxo e a asistencia do 4º.
Na táboa de máximos goleadores reza Nando con sete, sejíndolle Darío con catro e Ramón con tres.
Decir como posdata que para esta edición temos o apoio indiferente e incondicional do tecnico de deportes, o cal se comprometio ao que faja falta dentro das suas posibilidades a que o pabellon este disposto pa estas viejas glorias cantos domingos lle pidamos, meu agradecemento desde aquí.
BAR VICTORIA - PUERTO ARNELA
XAVIÑA - LAGO/TRINIDAD
MOLEDA/DARIO - OS BOLIÑOS
AMEAL - PUNTA CAPELO
DESCANSA CARPINTERÍA ALBERTO
XAVIÑA - LAGO/TRINIDAD
MOLEDA/DARIO - OS BOLIÑOS
AMEAL - PUNTA CAPELO
DESCANSA CARPINTERÍA ALBERTO

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.