4.030303030303 1 1 1 1 1 Rating 4.03 (66 Votes)

Cada vez máis líder

Triunfo vital dun Cerceda que se afianza cada vez máis no liderato da Teceira División Galega
Triunfo vital dun Cerceda que se afianza cada vez máis no liderato da Teceira División Galega

En verdade a traxectoria do Cerceda de Juanillo, cada vez estase parecendo máis a do Cartagena da derradeira temporada: a dun conxunto sempre nos postos de arriba da tabla que a cada xornada que pasa afiánzase máis no seu xogo para acabar a temporada como líder imbatible.  Desta volta, cóntanos o mellor xogador da historia da Costa da Morte que o golpe de autoridade foi dado diante do Narón cun importante e decisivo triunfo. Polo que respecta aos conxuntos camariñáns, xornada agridoce, con dous empates e unha derrota como aperitivo para o derby camariñán da próxima xornada. Outro derby máis de máxima rivalidade contemplado polos vetustos muros de bobadilla do histórico pero destartalado Estadio da Grixa e no que, Deus mediante, camarinas.eu estará presente.

 
NARÓN 0-2 CERCEDA

Golpe de autoridade o que dimos en Narón gañando un partido que a priori era moi complicado pero que á hora da verdade resultounos máis fácil do previsto, sobre todo polo gran encontro que fixemos defensivamente e no que impedimos que o Narón nos crease algun tipo de perigo. Tres puntos de ouro que nos sirven para colocarnos líderes, pois o Deportivo B non pasou do empate na casa diante do Villalbés e deste modo colocámonos primeiros, un punto por diante do cadro Coruñés.
O partido defensivamente tíñamolo controlado dende o primeiro minuto, pero é certo que nós tampouco chegábamos con perigo hasta o minuto 42, cando unha xogada de Franqueira na que se planta diante do porteiro rival, cédelle o balón ó noso goleador Felipe para que o empurre a dentro da porteria.
No segundo tempo saímos igual que no primeiro, pero dominando por completo a un Narón que non sabia como chegar a nosa portería. Nós polo contrario, achegábamonos con moito perigo a área rival e nunha deas ocasións, Kelvin lograba o 0-2 que a postre sería o resultado final. Comentar que saltei ó campo cando faltaban 10 minutos e no primeiro balón que toquei tirei aporta dende o medio do campo e notei un pequeno tirón no mesmo sitio donde tiven a rotura fibrilar anterior e aínda que non parece nada, terei que descansar unha semana como mínimo. Esperemos que sea o derradeiro cantratempo e que poda xogar pronto, pois gañas xa sobran.
Para a semana temos un encontro a priori complicado diante do cuarto clasificado, o Coruxo. Se consequimos gañar daríamos un paso de xigante para acadar un posto na liguilla de ascenso na que nestos momentos estamos inmersos e cunha ventaxa de 13 puntos sobre o quinto clasificado que é o Ourense.

CAMARIÑAS 1-1 CARNOTA

A pesar de non cnseguir a victoria, Papi, o técnico do Camariñas, está moi contento co labor dos seus homes, pois dinos que xogaron un partido moi bo, diante dun bo equipo e sobre todo loitando contra as inclemencias da natureza, pois o vento e a chuvia non pararon durante todo o encontro.
Adiantaríanse os homes de Papi por medio de Ismael no minuto 20 de partido e co resultado de 1-0 chegaríase ó descanso, resultado que podia ser máis amplio se Javi acertase nunha ocasión clara de gol. No segundo tempo o cadro camariñán seguía xogando moi ben pese as adversidades, pero nun erro defensivo o Carnota empataría o encontro.
Chegaría unha xogada que poido cambiar o resultado final do encontro, cando o xogador muxián do Camariñas David, fixo unha xogada ó mais puro estilo Messi e pecou de compañerismo cando tiña todo ó seu favor para marcar, pasou o balón en vez de tirar perdéndose balón polo fondo do campo.
Non se teñen que vir abaixo os homes de Papi polos últimos malos resultados xa que están xogando moi ben e seguro que os resultados van a cambiar. Para a semana temos derbi por todo o alto en Ponte do Porto, onde o Camariñas visita ó Porteño nun encontro de máxima rivalidade.

MUROS 4-0 PORTEÑO

Chegou a primeira derrota do Porteño da era Roski. Cóntanos o adestardor do histórico conxunto da Ponte do Porto que o resultado foi demasiado abultado, pois no primeiro tempo o Porteño tivo un par de ocasións para marcar e chegar ó descanso con ventaxa no marcador. Foi nese primer tempo onde se veu o mellor Porteño, controlando ben o partido e creando moitas ocasións.
Na segunda parte o Muros adiantaríase no marcador pronto e sería ca chegada do segundo gol cando se rompería o partido e o Roski xa pensou máis no próximo derbi que no que restaba de encontro, pois sacou do campo a xogadores que estaban apercibidos de suspensión para poder contar con eles a próxima semana.
Tamén recuperará Roski a David Toja e a Piti, dous homes que por problemas físicos non viaxaron a Muros e si estarán no derbi ante o Camariñas. Para o vindeiro domingo o Roski contará con tódolos seus homes para recibir ó Camariñas no campo da Grixa, onde esta web estará presente.

VETERANOS FC CAMARIÑAS 1-1 BERGANTIÑOS

Nin o actual líder da liga de veteranos é capaz de derrotar ó Camariñas de Gonzalo que nesta segunda volta está a demostrar que é o mellor equipo do campeonato. Pese a contar cá baixa de Diego do Snack por problemas laborales, o seu sustituto Javier estuvo moi ben facendo que non se notara a baixa do porteiro camariñán.
Arturo volveu a ser o goleador do conxunto de Camariñas, está demostrando que aparte de ser un gran defensa tamén e un goleador cando sube en xogadas de estratexia. sería no minuto 80 cando Arturo de Genucha poñía por diante ó Camariñas, pero no minuto 85 empataría o cuadro carballés para acabar o partido co resultado final de 1-1. Ben é certo que o Bergantiños tivo máis dominio pero non conseguio derrotar ao cadro camariñán que sigue instalado nesa meritoria terceira posición.

Esto foi todo canto dou a xornada futbolística dos nosos, un saudo dende a web de todos, a web líder, CAMARINAS.EU para todos vós e ata a próxima semana.

 

Comentarios   

jose de marta
+3 # RE: A Cronica do Mago de Corea 21-02-2010jose de marta 23/02/2010 22:33
Vale roncero,o maximo como siempre.
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+3 # RE: A Cronica do Mago de Corea 21-02-2010rubiasexy 24/02/2010 01:54
asi asi juanillo animos asi me gusta beña suerte saludos a familia sefa eos pedros
Denunciar ante o administrador
Beldoña
+1 # RE: A Cronica do Mago de Corea 21-02-2010Beldoña 24/02/2010 11:00
ANIMO, JUANILLO...¡¡¡T I PODES !!!

Antonio
Denunciar ante o administrador
Duane Duke
+1 # RE: A Cronica do Mago de Corea 21-02-2010Duane Duke 24/02/2010 11:44
Noraboa Juanillo, ides vento en popa, sejide así.
Denunciar ante o administrador
noticiasdovilan
0 # VISITADEMEnoticiasdovilan 26/02/2010 23:28
Boas a todos. Fixen un blog dedicado a camariñas e a informatica. Desexo que o visitedes. Deixovos o enlace para que o poidades visitar:

http://noticiasdovilan.blogspot.com/
Denunciar ante o administrador
bibelon
0 # magobibelon 28/02/2010 20:12
campeon
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.