- Escrito por diegoalfr2 diegoalfr2
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 18 Febreiro 2010 18 Febreiro 2010
Un ano máis con Papi

O Mago de Corea fálanos na súa sección dunha boa semana no seu conxunto para os equipos camariñáns
Andamos de renovación na conexión a internet na humilde pero millonaria redacción da web líder da Costa Atlántica e por elo non aparece no día que debera a puntual crónica do redactor en xefe dos deportes de camarinas.eu. Unha crónica na que conta como un Cerceda no que Juanillo volvío a xogar uns minutos se coloca a só un punto líder da Terceira División galega; como o FC Camariñas recoñece a gran labor desenrolada polo muxián Papi e decide renovarlle como técnico un ano máis; conta tamén o Mago de Corea como este Porteño redivivo volvío a apalizar a un rival no seu mítico pero destartalado feudo ou finalmente como os Veteranos adestrados pola sabia man de Gonzalo volveron de Zas con outro importante triunfo. Toda a actualidade do fútbol camariñán da man de Juanillo en camarinas.eu.
Importantísima a victoria conseguida ante o Lalín para achegarnos un
pouquiño mais ó líder, o Deportivo B, que perdeu o seu encontra ante o
Ourense. Desta forma colocámonos a tan só un puntiño deles. Non tivo moita historia o noso encontro, o Lalín saleu con 5 defensas e
dou a impresión de que viaxou a Cerceda a non saír goleado posto que
pese a perder 3-0 en ningún momento deixou de xogar con 5 defensas.
Os goles nosos conseguíunos Rodri ó transformar un penalti, Franqueira
e Felipe, o noso goleador que levaba unhas semanas sen marcar e que
volveu a ver porta neste encontro. Temos agora 2 xornadas nas que se gañamos daremos un paso de xigante
para coseguir a liguilla de promoción de ascenso: visitamos Narón este
sábado, o Narón é o terceiro clasificado, e posteriormente recibiremos
en Cerceda ó Coruxo que actualmente ocupa a cuarta posición na táboa
clasificatoria. Decir que ante o Lalín xoguei 5 minutos despois de estar lesionado e
aínda noto molestias que espero se vaian pronto para poder xogar un
partido enteiro.
A mellor noticia é a renovación de Papi polo Camariñas unha temporada máis. Dende esta redacción alegrámonos por esta noticia xa que desta maneira prémiase o traballo de Papi que está sendo moi bo. NORABOA PAPI!!!!!!!!
No que respeta ó partido, os homes de Papi dominaron todo o encontro,
pero unha vez máis, notou o Camariñas a falta de gol por parte dos seus
xogadores e ese é un lastre demasiado grande para poder gañar os
partidos. Dinos Papi que esá contento co traballo dos seus homes pero non sabe
que facer para ver portería contraria, xa que unha e outra vez están a
fallar numerosísimas ocasións de gol. Esperemos que a sequía acabe o
próximo domingo, onde o Camariñas recibe no seu campo ó Carnota, un
equipo feito a base de talonario e que non está acadando os resultados que se
esperaban.
Outra victoria importantísima do Porteño de Roski que conta os seus
partidos por victorias agás un empate desde que chegou a coller as
riendas do Porteño. Levou un bó susto o Porteño, posto que nada máis empezar o partido
veuse sorprendido polo colista, o Lira que se adiantaba no marcador
ante a sorpresa de todos.
Empataría o Porteño por mediación de Pepe Wi e chegaríase ó descanso do
partido con empate a u tanto e sen un claro dominador do encontro. Foi despois de conseguir o segundo gol a través de Juan o Vello cando
o Porteño se fixo dono e señor do encontro, dominando por completo ó
Lira e conseguindo 2 goles máis, goles marcados por Iván e Robertito co
que se chegaría ó resultado final de 4-1. Dinos Roski que o Porteño ainda ten que escalar máis postos na táboa
clasificatoria para evitar sustos de última hora ante os posibles
descensos de equipos galegos de superior categoría que provocarían
numerosos arrastres. O Porteño xogará en Muros, un rival que só lle saca un punto ó Porteño de Roski.
Xa están terceiros na táboa os homes de Gonzalo que nesta segunda volta están arrasando a cantos rivais se enfrentan. Unha pena eses partidos perdidos na casa durante a primeira volta ante rivais moi inferiores ó equipo camariñán.
Pasou como un tornado o Camariñas en Zas donde ó chegar ó descanso xa
gañaba por cero goles a tres, tantos acadados por Arturo de Genucha e
como non, o máximo goleador do torneo Teodoro con dúas dianas. No segundo tempo acortaría distancias o Zas ó tranformar un penalti,
pero sería Manolo de Gelines quen conseguiría anotar o cuarto tanto para
o Camariñas e disipar algún intento de romontada por parte do Zas. Continúan cun camiño sobresaliente os Diego do Snack, Tono do
Atlántico, Berto, Javier, Arturo, O Rubio, Manolo de Gelines etc,
deberíamos de nombrar a todos porque o merecen, e esperemos que de aquí
a final de temporada poñan en apuros os dous conxuntos que actualmente
ocupan as 2 primeiras posicións da liga.
Un saudo a tódol@s usuari@s de Camirinas.eu, a Web líder e a web das ideas orixinais
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.