- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 02 Febreiro 2010 02 Febreiro 2010
Remata a liga do pobo humilde e traballador

Ven a ser un mantra recurrente do fútbol español que cada 16 anos teña lugar unha catástrofe da máxima magnitude que arruine carreiras deportivas e deixe no aficcionado un regusto melancólico imperecedeiro entre o que realmente foi e o que puido haber sido. Aconteceu no Mundial de Arxentina 1978 co gol de Cardeñosa (¿gol? ¿que gol?). Volveu a acontecer ca desgraciada xogada de Julio Salinas ante Italia nos cuartos de final do Mundial USA 1994. E finalmente, 16 anos despois, un domingo 31 de xaneiro de 2010, aconteceu co desdichado xogador do Punta Capelo (minuto 7, vídeo 6) que a 40 segundos do final, co porteiro xa vencido e ante a atónita mirada dos máis de 200 aficcionados que enchían o Pabellón de O Areal, fallou inexplicablemente o gol que marcará a súa carreira futbolística posterior e que convertía ao Bodegón A Moleda en campeón. Así foi, querido electorado, a Primeira, Única e Auténtica Liga de Veteranos de Camariñas: aquela que se decidío no último minuto do último partido da última xornada do último domingo do mes de xaneiro do ano do Noso Señor de 2010.
Xornada donde se decidía todo e que fui marcada polos empates que deron ao equipo máis regular da liga, o BAR A MOLEDA (Fran, Panki, Orlando, Couto, Nando, John e Darío), o título de campeón da 1º Liga de Veteranos de Camariñas.
Como é lóxico a última crónica solo pode estar dedicada ao campeón e aos agradecementos, e desde a oportunidad que nos brinda esta páxina quero agradecer a todo o público que enchío as gradas do pabellón o domingo a súa asistencia e o seu comportamiento; agradecer tamén aos oito presidentes o seu concurso e a súa conducta de cara á organización, a Carlos de Lin, Rubén, Oscar, Ámeal, Socho, a Chocolate de Santa Mariña e ao Panki e Darío; tamén un agradecemento especial a páxina de CAMARIÑAS EU polo seu seguimiento semanal, polo despliegue de fotos e vídeos, por todo o traballo e tempo que nos dedicaron e pola súa apuesta de apoiar a ligas menores das que nadie se acorda e que outros medios ignoran a favor de outros deportes que xa estan sobreapoiados por administracións, diarios ,radios e publicidad, para Diego e para Marcos un chapó de parte de todos da organización.
A continuación deixo detallados os gastos e ingresos que se produciron ao largo da competición. Quedou unha pequena cantidad de 27 euros a favor, e como era pouco para repartir entre os oito equipos decidíose donalos a favor de unha axuda para as xentes de Haití (recibo que se adjunta).
LAGO LIN – BAR VICTORIA 3-9
EXPERT AMEAL – CARP.ALBERTO 3-3
OS BOLIÑOS - PUERTO ARNELA 2-2
BAR MOLEDA – PUNTA CAPELO 2-2
BAR MOLEDA/FRIO DARIO - 33
PUNTA DO CAPELO - 32
OS BOLIÑOS - 23
PUERTO ARNELA - 23
EXPERT AMEAL - 17
BAR VICTORIA - 14
CARPINTERIA ALBERTO - 13
LAGO LIN - 06
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.