- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 28 Xaneiro 2010 28 Xaneiro 2010
Tenerife, 07/06/1992

Si existe unha data emblemática para o paroxismo hitchockniano, para o suspense elevado á máxima potencia en canto a finales de campeonato se refiere, esta ven constituida pola xornada ligueira do 7 de xuño de 1992 cos sucesos tristemente acaecidos no Estadio Heliodoro Rodríguez López de Tenerife. Tratábase dunha liga á que chegaban á última cita prácticamente igualados en todo un dos mellores Barça da historia (Koeman, Stoichkov, Laudrup...) e un Real Madrid dos máis lamentables que se recordan, dirixido por un adestrador xa en retirada (Leo Benhakker) e protagonizado por un puñado de viejas glorias en declive evidente e perpetuo (Míchel, Butragueño, Sanchís...). A irrupción no escenario do ínclito García de Loza só servío para engadir maior carga dramática á crónica dunha morte anunciada.
Por elo, esta data acude á mente do redactor que o presente subscribe á luz dos sucesos históricos que este domingo 31 de xaneiro de 2010 acaecerán no Pabellón Municipal de O Areal. En primeiro lugar polo derby a morte entre cuñas da mesma madeira protagonizado polo Puerto Arnela e Os Boliños: 3º e 4º posto en xogo e o honor de proclamarse o mellor conxunto percebeiro mundial. Despois, a apoteosis, o desiderátum, o duelo final e definitivo entre un líder (A Moleda) que cotiza á baixa despois dunha segunda volta demasiado errática e un segundo, o Punta Capelo, que ven devorando distancias e grados de separación famélica e desesperadamente. Igualito que o acontecido aquel triste e soleado domingo de inicios de xuño do ano do Noso Señor de 1992.
LAGO LIN - CARP. ALBERTO 3-6
EXPERT AMEAL - BAR MOLEDA 3-6
BAR VICTORIA - PUERTO ARNELA 2-3
PUNTA DO CAPELO - 31
PUERTO ARNELA - 22
OS BOLIÑOS - 22
ESPERT AMEAL - 16
CARP. ALBERTO - 12
BAR VICTORIA - 11
LAGO LIN - 06