- Escrito por juan cabrejo juan cabrejo
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 26 Xaneiro 2010 26 Xaneiro 2010
¡Ánimo Porteño!

No dique seco por tres semanas, Juanillo non falta á súa cita semanal cos lectores de camarinas.eu
Posiblemente, o maior coñecedor do deporte camariñán escribe en camarinas.eu, un home que con sorte algún día estará chamado a desenrolar para ben dos nosos fillos algunha clase de alta responsabilidade no deporte dun Concello pródigo en talentos deportivos pero sen embargo tan necesitado de patriotas camariñáns, de valiosos pedagogos que transmitan o talento infinito que atesoran a unhas xoves xeracións ansiosas de demostrar todo o que levan dentro; unha terra tan orfa de curtidos ex-profesionais do deporte coñecedores dos pormenores da competición profesional, aquela na que non valen medias tintas e o chau-chau. Pero mentras Juanillo non retorne ao seu fogar de maneira definitiva para volcar toda a sabiduría deportiva que leva dentro, haberá que contentarse con seguir as súas sabias crónicas a través de camarinas.eu, a web que chegou aos 8.000.000 de visitas gracias a redactores como el. Juanillo, un dos nosos.
Mal partido o que fixemos este domingo diante do Céltiga e no que se nos escaparon 2 puntos no descuento. Partido no que non xogamos ben, pero pese a todo fomos capaces de
adiantarnos no marcador por mediación de Óscar mediado o primeiro
tempo. O gol dounos un pouco de tranquilidade, pois ata ese momento eran
os visitantes os que dominaban sobre o terreo de xogo.
E como levamos todo o ano igual (que me crea Javier Cabrejo, pois pode
leer as crónicas e ver vídeos do partido) o Céltiga empátanos o partido
de panalti, pero un penalti que hai que ver para contalo, pois todos
que estábamos na grada vendo o partido e incluso o adestrador deles
como comentaría despois, pensabamos que iba a sacarlle cartón amarelo ó
xogador visitante por deixarse caer na área, e tras un momento de
dúbidas, o colexiado sinala o punto de penalti ante o clamor de todo o
mundo que estaba na grada e no propio campo. Chegaríamos ó descanso co 1-1 no marcador.
No segundo tempo adiantaríamonos de novo por mediación de
Aitor. e sería Aitor novamente o que conseguiría un gol que o árbitro
anula a través do seu linier porque entende que foi un xogador do
Cerceda o que toca o balón cando este xa iba a entrar, ¡¡¡pero non!!!, foi
un xogador visitante que querendo despexar empuxa o balón ó fondo das
mallas. Non pode ser a mesma canción tódolos fins de semana, sobre todo
cando xogamos na casa.
A partir de ahí poidemos sentenciar o partido á contra pero non foi
así, e no minuto 91 pasou o que ninguén esperaba que pasase, nun par de
robotes na nosa área o balón cáelle nos pes dun contrario e acada o
segundo gol para os visitantes que conseguían desa maneira o 2-2 final. Varapalo o que levamos e que non se esperaba, pero o fútbol é así. O Depor B sácanos 2 puntos de ventaxa e trataremos de recortar
distancias o vindeiro domingo onde xogaremos en Vilalonga ante o cadro
local.
Boísima a victoria dos homes de Papi ante o Castriz que estaba nos postos altos da clasificación. Está moi contento Papi co xogo mostrado polo seu Camariñas na tarde do
domingo e na que a pesar das baixas cás que contaba (Antelo, Dela,
Peski non podian xogar) o cadro Camariñán raiou a un alto nivel. O 1-0 conseguiríao Javi no minuto 25 nunha gran xogada de David que
fai unha gran xogada e cédelle o balón a Javi para que éste só o teña
que empurrar ó fondo das mallas.
Pudo Javi novamente meter o segundo gol antes do descanso pero non estivo acertado de cara o gol. Tras o descanso, foi o Castriz que dispuxo dunha boa ocasión pero
errou, e o mellor estaría por chegar, pois Ismael colleu o balón no
centro do campo e tras irse por velocidade de todos cantos contrarios
lle sairon ó paso logra o 2-0 nun dos mellores goles que seguramente se
marcarán este ano na liga da costa.
Brais poido ampliar a ventaxe local pero non tivo fortuna. Destacar que Papi fixo debutar ó xogador xuvenil Diango que desta forma
obtén un premio ó seu labor destacado que está a desenrolar cos xuvenís. Para a semana o Camariñas visitará a cancha do Baio que adestra o camariñán Tono do Atlántico.
A can fraco todo son pulgas. Non sale dunha o Porteño e métese noutra. Tan só 13 homes estaban a disposición do Porteño de Pepucho que
finalizou o mesmo con 9 por expulsión de Varela (foi a clave do
encontro) e de Chino. Así e todo hai que animar o Porteño e esperemos que este domingo gañe
para romper unha dinámica de resultados moi malo que están a levar ó
equipo da Ponte a asomarse os postos de descenso.
Empezaría o Porteño moi ben e adiantaríase no minuto 4 por mediación de
Óscar. Non só iso, senón que Varela, Juan o Vello poideron ampliar
claramente o marcador e deixalo sentenciado se lograsen acertar en
algunha das ocasións cas que se atoparon. E como non, tras un erro arbitral monumental, o Sofán empataría o
encontro antes de chegar ó descanso nuha xogada en claro fora de xogo.
Tras o ínterin aparece a xogada clave, Varela é expulsado por doble
cartón amarelo e a partir de ahí acabouse o partido e o Porteño
recibiría 3 goles máis que poideron ser máis para acabar co resultado
final de 4-1. Antes do remate do partido expulsarían ó xogador do porteño Chino por parar cá man o balón cando iba a entrar na portería. Teñen que animarse os porteños e cambiar o chip para conseguir 3 puntos vitales o próximo domingo ante o Corme.
(Indicar que tras este encontro a Directiva decidío destituir a Pepucho e colocar ao frente dos destinos do histórico conxunto da Ponte do Porto a Ángel Insua Rial, o Rosqui.)
(Indicar que tras este encontro a Directiva decidío destituir a Pepucho e colocar ao frente dos destinos do histórico conxunto da Ponte do Porto a Ángel Insua Rial, o Rosqui.)
Continua a racha triunfal do Camariñas de Veteranos que logrou endosarlle ó Baio na mañá do domingo unha goleada. Estaría igualado o tanteador no primeiro tempo, no que Teodoro, o
máximo goleador da liga conseguía os 2 tantos camariñáns cos que se
chagaría ó descanso con empate a 2 goles no marcador.
O segundo tempo o Camariñas pasou como un vendabal por encima do Baio,
e foi o Rubio quen conseguío desempatar o encontro tras unha boa xogada
de conxunto e no que o seu disparo toca nun defensor do Baio e cólase
para dentro das mallas. Serían 2 asistencias de O Rubio e unha de Manolo de Gelines, as que
servirían para que Teodoro por dúas veces e Faustino conseguiran acadar
o 6-2 final no marcador.
Xogou ben o Camariñas que conta con homes como Tono do Atlántico, Arturo de Genucha, Pepucho, O Kiskel entre outros (teríamos que mencionar a todos que o merecen) que lle dan un plus de calidade ademáis dos anteriores mencionados.
Teodoro cos seus 4 goles conseguidos, amplía a ventaxa sobre os seus seguidores na táboa de máximos realizadores. Para a semana o Camariñas visita ó Bértoa, difícil a saída pero non imposible para os homes que adestra Gonzalo.
Xogou ben o Camariñas que conta con homes como Tono do Atlántico, Arturo de Genucha, Pepucho, O Kiskel entre outros (teríamos que mencionar a todos que o merecen) que lle dan un plus de calidade ademáis dos anteriores mencionados.
Teodoro cos seus 4 goles conseguidos, amplía a ventaxa sobre os seus seguidores na táboa de máximos realizadores. Para a semana o Camariñas visita ó Bértoa, difícil a saída pero non imposible para os homes que adestra Gonzalo.

Comentarios
Respétoa claro está, pero non estou de acordo por moitos motivos, Pepucho este ano tivo mil problemas para dispoñer de toda a plantilla, lesións, sancións,xogado res que se marcharon este ano a outros equipos, os arbitrajes que están sendo totalmente en contta, moi inxustos etc, etc, poderiamos estar nombrando moitos mái, fan que o Porteño non esté ocupando nestes momentos un posto na tabla clasificatoria como se merece.
Tamén recordar que foi Pepucho o que o ano pasado levou a este equipo( os xogadores tamén tuveron o seu mérito) a acabar entre os primeiros clasificados cun equipo humilde.
Os resultados son os que mandan para a directiva do Porteño, pero eu creo que foron inxustos cá decisión.
O novo adestrador será o Roski, un bó amigo meu ó que lle desexo toda a sorte do mundo e ojalá os resultados lle acompañen para que o Porteño, un club tan entrañable e carismático non pase apuros no que queda de liga.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.