3.6785714285714 1 1 1 1 1 Rating 3.68 (28 Votes)

Outra vez dous partidos en 24 horas

Sendos conxuntos balonmaneros da Coruña e Vigo serán os próximos rivais do Encaixe de Camariñas
Sendos conxuntos balonmaneros da Coruña e Vigo serán os próximos rivais do Encaixe de Camariñas

Volve o noso querido balonmano ás páxinas de camarinas.eu co retorno á dura competición oficial das féminas do Club Balonmán Encaixe de Camariñas que por aquelo da falta de datas terán outra vez que volver a afrontar dous partidos en menos de 24 horas, concretamente contra o BM Coruña o venres 22 de xaneiro e ao día seguinte ás 20:15 contra o Constructora Visercons Chapela de Vigo no Pabellón de O Areal. Pero tratándose de mulleres de Camariñas, aguerridas e coraxudas, tiradas para a adiante, sin medo a nada, en camarinas.eu estamos confiados en que solventarán esta nova xornada maratoniana sen maiores atrancos e dando un recital de como facer frente ás adversidades. En todo caso, a nota de prensa enviada polo clube analiza pormenorizadamente estes dous encontros que as nosas terán que dilucidar en menos de 24 horas novamente.

 O BALONMÁN FEMININO ENCAIXE-CAMARIÑAS COMEZA A SEGUNDA VOLTA CUNHA DOBRE XORNADA

O Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas comeza a segunda volta da liga en Primeira Autonómica Feminina cunha complicada misión; por segunda vez nesta tempada as camariñanas terán que xogar dous partidos en menos de vintecatro horas. As xogadoras a Costa da Morte estiveron adestrando durante o Nadal, aínda que con moitos problemas por mor do temporal; aínda así afrontan éste último tramo da liga con moitas lusións e gañas de collerlle definitivamente o punto á categoría.

O Venres o cadro palilleiro visitará a cancha do B.M. Coruña, ás 20:00 horas no pavillón San Francisco Xavier ( A Coruña ). As coruñesas son o único conxunto que índa non puntuou na presente campaña, pero nesta semana reforzouse con tres novas incoporacións que parece lle poderían dar un novo aire ao equipo; na primeira volta, as do Encaixe venceron por seis goles de diferencia nun partido moi reñido. Bruno López, adestrador camariñán: “ o encontro promete ser igualado, como todos os derbis entre éstes dou equipos, elas teñen moitas gañas de puntuar e con éstas fichaxes deberían amosar unha gran  melloría, polo menos en tarefas defensivas, xa que Gloria é unha das mellores porteiras da categoría e Celtia aportarálle unha maior solidez defensiva; pola osa parte, debemos saír a por todas, coas ideas claras en ataque e sen errar lanzamentos de seis metros, ademáis debemos ter moita concentración en defensa; o que menos erros cometa será o que se leve os dous puntos ”. Será un encontro especial para a carballesa Juana Garrochena, que o ano pasado militaba no cadro herculino e éste sábado terá que enfrontarse as súas excompañeiras.

Ao día seguinte; o sábado ás 20:15 hoas no Pavillón O Areal de Camariñas, as rapazas do Encaixe reciben ao segundo clasificado, o Constructora Visercons Chapela de Vigo, n rival difícil que visitará Camariñas consciente de que a perda de puntos nesta cancha podería alonxalas da Fase de Ascenso a Primeira Nacional., polo tanto suporá un dos encontros máis complicados para as nósas. Bruno López: “ será un encontro moi difícil, o Chapela parte coma favorito sobre o papel, pero estou seguro que non llo imos poñer nada doado, se conseguimos controlar a súa primeira liña e a nosa portería está un pouco fina dende os extremos, podemos poñelas en moitos apuros; unha das claves stará en que non nos obsesionemos coa súa porteira ”.

A convocatoria do Balonmán Encaixe para éstes dous partidos será: Sara ( porteira ), Sheila, Aida, Ali, Fátima, Yessi e Ana ( segundas liñas ), Cris, Moni, Juana, Adriana e Berta. Karina non poderá participan o venres ante o BM Coruña por motivos laborais e Laura é dúbida por estudios, aínda que todo parece indicar que as dúas estarán a disposición do adestrador para o choque do sábado fronte ao Chapela.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.