3.8 1 1 1 1 1 Rating 3.80 (55 Votes)

 Partidos da Liga Rusa

Nin a neve e o xeo foron quen de parar a un Cerceda que se mostra intratable no liderato da Terceira División
Nin a neve e o xeo foron quen de parar a un Cerceda que se mostra intratable no liderato da Terceira División

Felizmente recuperado da caída sufrida na xornada anterior, o Mago de Corea retornou aos campos de fútbol para levar ao Cerceda ata o liderato da Terceira División galega nun épico encontro ante o Pontevedra B no que o frío, a neve e o xeo facían cáseque impracticable o firme do Estadio do Roxo e convertían o partido en máis propio da liga rusa ou escandinava que do noso mítico fútbol galego. Temperaturas xélidas que tamén tiveron que soportar os inasequibles que se acercaron ao remozado Estadio Hermanas Patiño para ver o encontro do FC Camariñas ante o Esteirana, así como uns xogadores do Porteño que acudían ao seu partido en San Lorenzo de Berdillo mermados polas baixas e no que cuaxaron unha actuación heroica.  Coñece da man do redactor e xefe dos deportes da web líder da Costa Atlántica as incidencias da xornada maís xélida do que vai de temporada.

CERCEDA 1-0 PONTEVEDRA B

Partido que parecía máis da Liga Rusa que da Terceira división Galega por culpa da nevada que caeu o que xogamos este domingo en Cerceda. Xa unhas horas antes do partido estaba o campo cuberto por unha fina capa de neve e xeo, pero 15 minutos antes de empezar o encontro empezou a nevar con forza e no descanso do partido había unha cuarta de neve que nos levou a pensar que iba a ser imposible continuar xogando ó fútbol pero o árbitro non puxo problemas e xogouse ata o final.
Comenzaría o partido con total dominio noso e creando bastantes ocasións de gol que non conseguíamos materializar, ata que unha xogada ben trenzada por todo o equipo e na que Franqueira pese a estar en disposición de tirar a porta non pecou de egoísta e cedeu o balón a Felipe para que éste marcara o 1-0 que sería á postre o único tanto do partido.
No segundo tempo e co campo en moi malas condicións dispuxemos de moitas ocasións por mediación de Felipe, Oscar, Souto, Louro.... pero non fomos capaces de acadar ese gol que nos daría a tranquilidade no marcador porque sobre o terreo de xogo o Pontevedra B non nos inquietou nada.
Tres puntos máis que nos sirven para coller de novo o liderato empatados a puntos co Deportivo B que onte descansou posto que xogaba contra o Ciudad de Santiago e debido a desaparición deste conxunto cada semana descansa un equipo. Para a semana xogamos en Santa Comba, equipo que nos últimos partidos sacou bos resultados e de seguro nos vai poñer as cousas difíciles.

CAMARIÑAS 2-1 ESTEIRANA

Voltou a gañar o Camariñas de Papi despois dunha derrota dura sufrida en Muros e que sirve para que os homes de Papi se consoliden na terceira posición da táboa. Moi bon o primeiro tempo, donde o Camariñas dende o minuto 1 achuchou continuamente a portería visitante e cousa dese dominio total, Antelo adiantaría ó Camariñas marcando o 1-0 co que se chegaría ó descanso, Resultado corto polo visto no terreo de xogo xa que os pupilos de Papi dispuxeron de numerosas ocasións para sentenciar o partido.
No segundo tempo o Camariñas desapareceu do partido (Papi estaba moi enfadado por ese cambio de actitude do equipo) e o Esteirana conseguiría empatar ó aproveitar un despiste local. A partir de ahí o conxunto camariñán estirou filas e trataría por todos medios de gañar o partido, pero con máis corazón que cabeza e non foi ata o minuto 87 cando o muxián Maikel despois dun saque de falta conseguía o gol da victoria para os homes de Papi.
Para a semana partidazo o que agarda ó Camariñas en Santa Comba ante o Xallas, xogarase o sábado e enfróntanse o segundo clasificado contra o terceiro. Esperemos contarvos unha victoria dos nosos.

SAN LORENZO 3-2 PORTEÑO

Meigas habelas hailas: ata 10 baixas!!!! Esto era o que tiña Pepucho para afrontar este partido. De 23 homes co que conta a plantilla do Porteño tan só pudo dispoñer de 13 e pese a todo, o Porteño dou a cara e só debido a un erro na zaga no minuto 93 de partido perdería o encontro.
Adiantaríase o San Lorenzo no marcador pero minutos despois tanto Varela como Iván poideron empatar o partido se acertaran cas claras ocasións cas que contaron. No segundo tempo o Porteño foi a polo partido e motivo diso no minuto 50, Iván empataría o encontro. Adiantaríase o San Lorenzo de novo nun penalti infantil que cometen os da Ponte do Porto no minuto 54 pero aparecería a maxia de Juan o Vello no minuto 63 para empatar o partido despois de deixar atrás a cantos rivais lle sairon ó paso e colocar o 2-2 no marcador.
Cando parecía que todo iba a finalizar co empate, unha xogada na que un defensor do equipo Porteño quedou descolgado rompendo o fora de xogo provoca que o San Lorenzo conseguira o 3-2 definitivo. Segue a diosa fortuna sen respetar a un conxunto que merece máis e esperemos que cambie pronto a sorte. Para a semana o Porteño recibe ó líder, o Zas e seguro que os homes de Pepucho van a dar a campanada a pesar das baixas.

Esto foi todo canto dou a xornada. Un saudo a tod@s usuari@s de CAMARINAS.EU,  a web líder da Costa da Morte.

 

Comentarios   

rubiasexy
+1 # rubiasexy 13/01/2010 13:05
mirao que ben queda o campo esta ben e bueno juanillo fas majs viva juanillo sua tia rubi
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.