- Escrito por juan cabrejo juan cabrejo
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 15 Decembro 2009 15 Decembro 2009
Empate do Cerceda e victoria dos nosos a domicilio

Portada adicada aos entrenadores que colaboran activamente con Juanillo na confección das súas crónicas ¡GRACIAS!
Nova entrega da sección de Juan Cabrejo "O Mago de Corea" na que nos analiza pormenorizadamente a xornada do seu equipo o Cerceda así como dos equipos de futbol representativos do Concello: o Porteño e o FC Camariñas, que gañaron de forma contundente os seus partidos en sendos desprazamentos. O Cerceda arrancou un empate en Ourense nun campo impropio dunha categoría como a 3ª División na que houbo serio risco de lesións polo mal estado do céspede. Ademáis, Juanillo, o redactor en xefe de deportes de Camarinas.eu quere tamén facer un agradecemento en público ao que se suma o resto da redacción da web máis vista da Costa da Morte pola gran dispoñibilidade dos adestradores Papi e Pepucho para confeccionar esta crónica que podes ler completamente dentro desta noticia.
Partido disputado nunha leira de patacas pois o campo de O Couto parecías máis un pasto para as vacas que un campo de fútbol. Partido que se nos puxo de cara nada máis comenzar o segundo tempo pois
expulsan xustamente a un xogador local por doble cartón amarelo e a
partir de ahí empeza o show do árbitro barrendo todo para a casa
querendo compensar a expulsión anterior.
Adiantarámonos no marcador por mediación de Felipe pero nos últimos 15
minutos o show arbitral pitando primeiro un penalti inexistente e
segundos despois dándo por válido un gol dos ourensáns estando 3 metros
en fora de xogo faría efecto e dáballe temporalmente os 3 puntos os
locales. Menos mal que David Rey faltando 2 minutos para o final empataría o
partido permitíndonos así levar un punto que nos sirve para acortar
distancios co líder, o Depor B que perdeu ante o Narón.
Non queremos que nos den nada, pero que tampouco nos quiten e eso foi o
que fixo un elemento vestido de negro acompañado nas bandas por dúas
persoas que estaban cagadiñas de medo, pois a afición do Ourense andaba
enriba deles tirándolles cousas e chamándolles de todo demostrando que
a intimidacíon tamén da resultados como no caso de onte. O mércores temos un partido de liga diante do Villalbés que visitará Cerceda e donde temos que gañar si ou si.
Dinos PAPI que os seus homes deben de gustarlle as sensacións fortes
pois sempre empezan os partidos regalando goles para remontar despois. Contaba o Camariñas con 4 baixas moi importantes pero que non se
notaron: o Moriño, David, Gerardo e Peski, que non poideron xogar debido a
distintos problemas físicos.
Adiantaríase o Pindo no minuto 30, pero pouco despois Javi no minuto 35
e Alberto Ogando no minuto 42 porían por diante o Camariñas antes de
chegar ó descanso. No segundo tempo os homes de Papi, sairon a por todas sen pensar no
marcador e feito delo foi que primeiro Ismael e despois Javi
conseguirían sendos goles para acabar co resultado final de 1-4.
A nota negativa dinos Papi púxoa o xogador do Camariñas Iago, pois dinos
Papi que non se pode autoexpulsar por insultar ó arbitro cando o
partido transcurrio con toda a normalidade do mundo. Quédalle todavía 1 partido pendiente ó Camariñas ante o Sofán que de gañalo cazaría ó líder, o Zas. O vindeiro domingo reciben os homes de Papi ao Lira, nun partido que
pode ser trampa, pois segundo o adestrador muxián pese a que o Lira vai colista si
non se toma en serio o partido pódese levar un susto.
Magníficos 3 puntos os que acadaron os homes de Pepucho en Esteiro pese a viaxar tan só con 13 xogadores e tendo que xogar de dianteiro o porteiro suplente Jimy ao máis verdadeiro estilo do ex porteiro do Depor Molina cando xogou de dianteiro cá selección Española.
Empezaría perdendo o Porteño de Pepucho pero pronto empataría por
medio de Valeiro e sería tamén Valeiro despois da saida dun corner que
conseguiría un magnífico tanto que serviría para poñer ó Porteño por
diante no marcador, resultado co que se chegaría ó descanso. No segundo tempo o porteiro do Porteño faría 2 intervencións de mérito evitando un posible empate. Xa nas postrimerías do encontro, tras unha gran xogada de Piti, Óscar conseguiría o definitivo 1-3. Para a semana o Porteño recibe ó Malpica.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.