- Escrito por diegoalfr2 diegoalfr2
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 09 Decembro 2009 09 Decembro 2009

Unha auténtica festa do fútbol puidemos desfrutar na Homanaxe a Juanillo celebrada no Hermanas Patiño
Encontro histórico no Estadio Hermanas Patiño
Por primeira vez na historia destas terras deixadas da man de Dios un autobús repleto con arredor de 60 persoas, entre as que se encontraban antigos xogadores de tódalas épocas do FC Cartagena e as súas familias, chegaba ata Camariñas para rendir a debida homenaxe ao que foi sen dúbidas o mellor lateral esquerdo da historia do equipo levantino e o máis grande xogador nacido nunca na Costa da Morte. E facíano disputando na terra deste xenio do balón un histórico encontro contra un equipo sui xéneris de Veteranos do FC Camariñas do que formaban parte entre outros o seu tío Manolo ou seu primo Pedro. Camarinas.eu estaba presente no estadio camariñán para acompañar ao noso redactor xefe de deportes no seu día grande nun partido que é analizado xunto co resto da xornada pola mirada máis experta, a de Juan Manuel Cabrejo Pasantes, o Mago de Corea.
Partido moi igualado o disputado no campo Hermanas Patiño e no que o
equipo de LA BOTICA (veteranos do Cartagena), deixou unha gratísima
impresión e demostraron por qué moitos dos seus xogadores xogaron en
primeira división unha pila de anos e actualmente a pesar de teren algún
deles 63 anos como é o caso de PERICO ARANGO, outros con case 60 como
RICARDO CIUDAD entre outros demostraron a calidade que teñen
impresionando aos asistentes e aos propios xogadores do equipo Camariñán.
Decir que eu xoguei cos meus amigos e disfrutei como nunca dun partido
moi especial, xa que os xogadores Cartaxeneros estreaban unha
equipación na que se podia leer "GALICIA. 4 AL 9 DE DICIEMBRE 2009.
HOMENAJE A CABREJO". Tamén lle entregaron ó entrenador do equipo de
veteranos do Camariñas, Gonzalo, unha réplica do submarino Isaac Peral
como recordo do seu paso por estas terras. Todo un exemplo o destas persoas que a parte de ser moi bos futbolistas
son mellores persoas e por donde pasan deixan unha huella que é moi
difícil de olvidar.
Decir do partido que Corbella, xogador da Botica (veteranos do Cartagena)
logrou un hat-trick e Rogelio outro dos futbolistas destacados
conseguia o cuarto gol ao tranformar un penalti. Por parte dos veteranos do Camariñas, Luis de Quecha, un en propia
meta, Juan e mais eu seríamos os goleadores. Decir que por parte dos
veteranos do Camariñas faltou moita xente porque o domingo tiñan
partido de competición oficial e hubo que traer recambios de luxo como
caso de Luis de Ricardo, Juan o Vello, Socho, Antonio o Butanero, Juan
de Lisa, Luis de Quecha, Pedro do Panadeiro (todo un descubrimiento de
porteiro), ademais dos habituales xogadores dos veteranos como Vicente
o Kiskel, Manolo de Gelines, o Rubio ou Manolo de Arou entre outros. Ogallá en vindeiros anos se poda repetir esta experiencia porque foi
magnífica e os Cartageneros quedaron encantados co noso pueblo. Hoxe disputarán un partido en Cerceda ante o equipo local para finalmente voltar a terras Cartageneras o mércores.
Dende CAMARINAS.EU queremos agradecerlle a súa presencia e desexarlle o
mellor a estas persoas coas que un se sinte tan a gusto estando ó seu
lado.
MOITAS GRACIAS LA BOTICA (VETERANOS DO CARTAGENA)!!!!!!
Partido complicado o que tiveron os homes de PAPI diante dun Corme que non lle perdío a cara ó partido en ningún momento e a pesar de estar con 10 desde mediados do primeiro tempo. Mal empezaba o partido para o Camariñas pois a pouco de empezar o partido, unha indecisión da zaga e do porteiro significaba o 0-1 no marcador. Dominaba o Camariñas de Papi, pero non chegaba o gol. Tras unha xogada polémica na que os xogadores do Corme reclamaban fora de xogo, o balón cae en pes de Brais que regateou ó porteiro Cormelán, este derríbao claramente e o árbitro sinala penlti e expulsión do porteiro visitante. Tira o penalti David e consigue o 1-1 no marcador. A partir de ahí o Camariñas crécese e Brais logra 2 goles para colocar o 3-1 e así chégase ó descanso.
No segundo tempo o árbitro quere compensar (pois o primeiro gol
Camariñán é fora de xogo) e empeza a pitar a favor do Corme como
compensación, e fruto de eso pita un penalti inexistente a favor dos
Cormeláns que conseguian o 3-2 e os nervios apareceron no conxunto de
PAPI. Seguía o arbitro pitando cousas sin sentido e o Corme encerraba ó
Camariñas a base de colgar balóns na área do Camariñas en cada falta que
sinalaba o colexiado que sólo via él e que estaba a desquiciar ó
adestrador local Papi. Foi no tempo de desconto tras unha contra do equipo local e na que Javi
conseguia o definitivo 4-2 resultado co que acabaría o partido.
Teñen os homes de Papi este martes un partido importante en Carballo
ante o San Lorenzo, un partido que se aplazou no seu día (ainda terá que
xogar outro fronte o Sofán) polo mal estado do terreo de xogo do equipo
de Verdillo e que o Camariñas terá que ir a por todas para tratar de
acercarse máis ó líder, o Zas.
O Porteño de PEPUCHO tivo que pelexar contra o Carnota e o que é peor, contra o colexiado que lle privou ós homes de Pepucho de lever non só un, senón 3 puntos. Estanlle este ano saindo rana as arbitraxes ó conxunto da Ponte do Porto, que está sufrindo unhas inxusticias tremendas e xa é hora de que paren os colexiados de burlarse dun equipo humilde como é o PORTEÑO. Adiantábanse o conxunto local nada máis empezar o encontro nun gol en clarísimo fora de xogo e que o árbitro non o quixo ver (porque cego non era). Os homes de Pepucho non lle perderon a cara ó partido e empataban por medio de Valeiro e chegaban ó descanso cun empate a 1 tanto a pesar do colexiado.
No segundo tempo ocurre unha xogada que xa é o colmo, ataca o Porteño e
fanlle un penalti como unha catedral a Varela pero non acaba ahí a
cousa, nesa mesma xogada chegalle de novo o balón a un xogador do
Porteño e novamente fanlle un penalti de libro que o árbitro non quer
pitar e que saca de quicio a todo o mundo. Increible pero certo. Chegaría neste segun tempo unha xogada que marcaría o partido, a falta
de 25 minutos un xogador do Carnota cae en mala posición fastidiando o
pescozo e tense que chamar a unha ambulancia que tarda media hora en
chegar, e mentras estaban ámbolos equipos esperando, un xogador
Carnotan estaba dicutindo con Juan o Vello e meteuse por medio Iago
para que non pasara a cousa a máis e o árbitro expulsa ó xogador
Porteño Iago estando o partido parado e sen facer nada de nada. Esto era
increible, este tio non ten que volver a arbitrar máis!!!!!.
E xa o colmo dos colmos, o árbitro quere deixar o partido en empate e
fala con ámbolos equipos que se negaron, o que hai que ver, en vez de
ser ó revés pois non, é o árbitro o que quere parar!!!!. Reanúdase o partido e o Porteño a pesar de estar con 10 é o que domina
e a mala sorte ceíbase co conxunto de Pepucho que en tempo de desconto
recibe inxustamente o 2-1 feito que fai que Pepucho mande ós seus a
desesperada e nunha contra recibe o terceiro, sendo o resultado final
de 3-1.
Non están a ter sorte os homes de Pepucho, pois ó Porteño estano
masacrando cas arbitraxes e xa é hora de que pare esta persecución. O domingo voltarán a xogar fora, en Esteiro para enfrentarse ó
Esteirana e esperemos que non lle quiten nada ó equipo da Ponte do
Porto.
O CERCEDA DESCANSOU ESTA SEMANA DEBIDO A UN PARÓN LIGUEIRO.
O próximo domingo viaxamos ata Ourense para enfrentarnos ó equipo local nun difícil encontro.
Partido aprazado que tiña o Camariñas e que disputou hoxe martes en
Verdillo ante o San Lorenzo, nun campo enlamado que non lle veu nada
ben ó Camariñas de PAPI e que si lle viña ben ó San Lorenzo porque non
se entende que non quixeran xogar en Carballo nun campo mellor. Quéixase Papi do xogo bruto que pasaba dos límites do reglamento e que
o árbitro permitio continuamente a pesar de que nos últimos minutos de
partido o San Lorenzo quedara con 9 homes, pero este feito tiña que
haber pasado moito antes, pois os xogadores locales quixeron intimidar
desde o inicio ós xogadores do conxunto camariñán a base de patadas e
máis patadas, entradas salvaxes e máis entradas que o árbitro permitío
en demasía e que acabou por desesperar ós homes de PAPI. Desta maneira o
xogador muxián do Camariñas, un dos máis destacados do que levamos de
temporada tan só durou 20 minutos no campo, pois constantemente os
xogadores do San Lorenzo iban unha e outra vez a por él realizándolle
continuamente entradas salvaxes que acabaron por lesionalo no minuto 20
do primeiro partido.
Mellor sorte corrio Ismael, que se librou polos pelos de salir lesionado
tras un entradón dun xogador local que apiques estivo de levalo por
diante. Mal vamos así si os árbitros non paran este tipo de xogo e castigan ós
xogadores violentos que nada bo lle fan ó fútbol, sexan do equipo que
sexan. No meramente deportivo, adiantaríase o San Lorenzo tras un fallo de
marcaxe do equipo camariñán nos primeiros minutos de partido. Non lle
perdería a cara ó partido o Camariñas que trataba de xogar ó fútbol nun
mal campo e cuns contrarios que non tiñan as mesmas intencións, e hubo
que esperar ó minuto 65 para que Maikel empatara o encontro.
Nos últimos minutos e tras a expulsión de 2 xogadores locales o
Camariñas encerraba ó equipo local na súa propia área pero sin fortuna,
sin poder marcar máis goles chegando así ó definitivo 1-1. Un punto máis para tratar de acortar distancias co líder Zas e tamén
bo punto posto que o Xallas perdía hoxe 2-4 diante do Carnota nun
partido aprazado no seu día. O domingo o Camariñas visita O Pindo, partido que se xogará en Carnota. Esperamos contarvos unha victoria camariñana.
Victoria dos cartageneros nun partido vibrante e emocionante disputado en terras cercedenses. Hoxe xoguei para LA BOTICA (veteranos do Cartagena) pois o Cerceda de Veteranos canta cun gran equipo e había que botarlle unha man nun partido disputado de poder a poder e no que finalmente gañamos por 2 goles a 4. Adiantábase o Cerceda por mediación de Costa (é o presidente do Cerceda) e asi se chegaba ó descanso. Foi no segundo tempo cando tras unha gran segunda parte remontamos o partido con goles de Corbella(2), Riles e un último tanto meu que nos servían para poñernos 1-4 no marcador. Xa nos últimos minutos, Marcos poñia o definitivo 2-4 no marcador final.
Magnífica experiencia a que viviron os componentes de LA BOTICA
(VETERANOS DO CARTAGENA) na nosa terra, quedando encantados co noso pobo
e cas nosas xentes, e desexando voltar noutra época a facernos unha
nova visita. Dende CAMARINAS.EU queremos agradecerlles a tódolos membros do equipo
LA BOTICA xunto a tódolos familiares que os acompañaron polo trato tan
amable que dispensaron en todo momento desexándolles unha boa viaxe de
regreso a Cartagena e que pronto volten a visitarnos.
Camarinas.eu a web das ideas orixinais, a máis visitada de toda a Costa da Morte, por algo será!!!!!!!
{multithumbs}



















































Comentarios
De todos-los xeitos,ENHORABO A A TODOS E ¡¡¡ AUPA CARTAGENNA CON JUANILLO !!!
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.