3.7692307692308 1 1 1 1 1 Rating 3.77 (65 Votes)

Despois da liga, a Copa

Aínda que non tantos como o CF Camariñas, a Liga de Veteranos tamén conta con algún extracomunitario
Aínda que non tantos como o CF Camariñas, a Liga de Veteranos tamén conta con algún extracomunitario

¿Por que amamos o fútbol? Pois porque como decía o outro día un célebre xornalista deportivo "el fútbol  no pertenece a los directivos, ni a los periodistas, ni siquiera a los jugadores. El fúbol pertenece a la gente". Estas palabras foron especialmente corroboradas ca Primeira Liga de Veteranos de Camariñas que sen axudas financieiras nin de antiguos oligarcas nin de novos ricos, sin estar regada polo tan abundante carto público e sin gozar nin siquera de desgravacións fiscais para os seus extracomunitarios, congrega cada domingo lexións de seguidores no Pabellón Municipal  de O Areal. É por elo que a organización convoca dende as páxinas da web máis vista da historia da Costa Atlántica xa a Copa de Veteranos para a través do sistema dun trepidante play off poñer a proba os nervios duns xogadores elevados por un día a estrelas do firmamento futbolístico no crepúsculo das súas agonizantes carreiras deportivas. Pulsa na imaxe para ler a crónica que nos envía a organización e ver unha amplia galería fotográfica.

 Despois da liga, a Copa

Xa a punto de rematar a primeira volta de esta liga de veteranos temos que ir pensando en buscar patrocinadores que propocionen as copas que hay que repartir, que serán cinco, tres pa os primeiros clasificados, unha pa o equipo máis deportivo que a non ser que cambien muito as cousas xa ten dono, e outra pa o equipo que más protesta e que más faltas acumuladas posea, así que si aljuha empresa está interesada en donar aljún trofeiño, inda que sea de hojalata, rogámoslle se poña en contacto con aljún pringado da organización nas oficinas de siempre…malecón, trincheira ou barandilla, nos a cambio faserémoslle aljuha propaganda gratis en esta crónica semanal (sempre co permiso de CAMARIÑAS.EU claro está).
Tamén se informa a todos os xogadores que non estén de acuerdo co equipo arbitral que poden coller o silbato e pitar eles, este e unha competición aberta e democrática con todo o mundo, e si algún pensa que o pode facer mellor, tan solo se ten que dirixir á mesa e facer unha petición formal. Nos agradecerémoslle o xesto e proporcionarémoslle as tarxetas (unha roxa e unha amarela, as dúas plastificadas), un pito de última xeneración (de plástico con boquilla de aceiro de 16), casco de bombero ou de ciclista (a elegir) e uns petiños na espalda como admiración. Tamén decir a tódolos doctorados en filosofía, dereito e arte do balompié que cando termine esta liga queda aberto o plazo pa presentar un grupo en condicións pa organizar a Copa de Veteranos, os actuales organizadores por supuesto que non lle poñeremos impedimento aljún a hora de cederlle tódolos dereitos.

Bueno redactadas as peticións e información oportuna, procedemos a CRÓNICA DA 6ª XORNADA

Un Punta capelo que se aferra a puestos champion doulle unha severa paliza a un Lago Lin que non da feito con tanta baixa: a Pablo sumóuselle Carlos e inda que Mikel xa participou notouse que o equipo non acaba de ter as ideas claras. O Expert Ámeal empatou a todo co Puerto Arnela. No terceiro encontro o Bar Victoria merecío o empate diante dos Boliños, pero polo árbitro unhas veces ou polas grandes intervencións do arquero Jose Manuel non fui quen de sacar un punto do Pabellón Municipal. O Carpintería Alberto, ao cal se lle vio muita mellora no seu xogo desde que entra nas convocatorias Vidal, puxo en apuros ao líder Bar Moleda que sigue invicto.
Aljúns catedráticos do balompié sejuramente se nombrarían eles mismos como mellores xojadores da xornada, pero este mendalerenda vai nombrar a Javi do Catalán como mellor xogador da xornada por un par de xogadas de pizarra que deixou pa disfrute do publico presente, e ao arquero Jose Manuel dos Boliños por tres paradas antolóxicas que lle deron a victoria ao seu equipo.
Decir pa os incondicionales de esta liga que pa semana é a última xornada da primeira volta, osease que inda falta outra voltereta, así que agárrense aos sus asientos, vean y disfruten.
 
RESULTADOS DA XORNADA

PUNTA CAPELO - LAGO LIN 11-2
EXPERT AMEAL - PUERTO ARNELA 1-1
BAR VICTORIA - OS BOLIÑOS 2-3
A MOLEDA - CARP. ALBERTO 4-3

CLASIFICACIÓN

BAR A MOLEDA - 18
PUNTA CAPELO - 13
EXPERT AMEAL - 13
PUERTO ARNELA - 10
OS BOLIÑOS - 9
BAR VICTORIA - 4
CARP. ALBERTO - 3
LAGO LIN - 0
 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.