- Escrito por juan cabrejo juan cabrejo
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 16 Novembro 2009 16 Novembro 2009
Un golazo de Juanillo convirte ao Cerceda en líder

O talento e a clase dun futbolista demóstranse nos partidos clave, aqueles que poden chegar a agarrotar as pernas (e as ideas) do xogador máis pintado. Partidos nos que está en xogo o liderato dunha categoría tendo como rival á futuras promesas que nun día non moi lonxano xogarán en equipos de 1ª División e disputarán encontros de competición internacional que serán retransmitidos aos cinco continentes. É nesa clase de partidos cando un home acostumado a decidir duelos de todo tipo crécese e chega a marcar goles que levan ao seu equipo directo cara ó liderato. Ese home só pode ser Juan Manuel Cabrejo Pasantes, o Mago e Corea, e quen queira ler as súas crónicas só poderá facelo en camarinas.eu. Porque este é o seu fogar.
Partidazo por todo o alto a deste pasado sábado que nos enfrentaba ó líder, o Deportivo B en Cerceda no campo do Roxo. A mellor entrada da tempada con máis de 600 aficionados nas gradas e decir que o partido non os defraudou. Fomos mellores que o Deportivo B durante os 90 minutos e a victoria foi xusta e merecida, pero hai que decir que estes rapaces do Depor B teñen moi bo equipo e van a estar pelexando xunto a nós e 3 ou 4 equipos máis por conseguir entrar en postos de liguilla de ascenso ao final de temporada.
Partido no que durante o primeiro tempo dispuxemos de varias ocasións para marcar, por mediación dun Kelvin que fixo todo un partidazo a pesar de non conseguir premio con ningún gol. Tamén Fran Castaño nun libre indirecto dentro da área estivo a piques de marcar, pero chegamos ó descanso con 0-0 no marcador. No segundo tempo continuaría a tónica do partido, dominio noso pero o Depor intentou crearnos perigo con disparos lonxanos, pero Rafa estivo moi ben. Xaco estivo a piques de abrir o marcador pero non tivo sorte, tamén Rodri cun disparo lonxano, e o que son as cousa no minuto 77 recibín un pase de Rodri tirei a porta e sorte, moita sorte a que tuven para conseguir o ansiado 1-0 que á postre valeríanos para conseguir os 3 puntos e o liderato. Xa é raro que eu meta goles pero de vez en cando pasa e que llo adiquei a miña filla Sofía que cumplia 8 anos e que me trouxo moita sorte.

Comentarios
Tamen felisitar o porteño por esa vitoria.
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.