- Escrito por diegoalfr diegoalfr
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 16 Novembro 2009 16 Novembro 2009
Derrota do Encaixe-Camariñas ante o Lavadores

Definitivamente o sur de Galicia non lle senta nada ben ás xogadoras do Encaixe de Camariñas. Serán os seus aires tropicais, o clima máis benigno, a maior potencia industrial ou o afastamento do fogar, pero o caso é que este fin de semana trouxeron na mochila dende Vigo outra pequena tundiña ante un Calfoncal Lavadores que se impuxo con holgura a unhas xogadoras camariñanas ás que lles pasou factura o parón ligueiro da semana pasada e a falta de adestramento, vital nun equipo de recente construcción no que a aclimatación e compenetración entre xogadoras deberá levar o seu tempo. Si aínda sucede esto en equipos futboleiros con superestrelas que custan 90 millóns de euros e que cotizan a Facenda (ahora xa non) a tipos impositivos muito menores, ¿cómo non ía suceder cun humilde conxuntiño dunha vila perdida alá nos portalóns do Atlántico?
O BALONMÁN FEMININO ENCAIXE-CAMARIÑAS MOSTROU A SÚA PEOR CARA ANTE O CALFONCAL LAVADORES
O Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas caeu derrotado ante o Calfoncal Lavadores nun pésimo partido das visitantes, por un contundente 30-12. As camariñanas presentáronse en Vigo tras unha difícil semana, xa que non pudieron adestrar ningún día por mor das condicións climatolóxicas, iso sumado a que o equipo estivo afastado da competición durante quince días por esixencia do calendario e un aprazamento, máis ás consabidas baixas de Moni, Ana e Laura (en tarefas ofensivas), desencadenaron no fatal desenlace.
As da Costa da Morte comenzaron ben nos primeiros compases do encontro, pero puco despois, os erros de lanzamento e a pouca verticalidade con respecto á portería contraria remataron pasando factura ás palilleiras, que se vían sorprendidas polos rápidos contragolpes das viguesas. As perdas de balón sen oposición desquiciaron ás visitantes, o cal desencadenou en evidentes problemas defensivos, permitindo boas situacións de lanzamento ás locais; a partir de ahí, o encontro quedou sen historia.
Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas: Sara, Cris (5), Sheila, Alicia, Fátima (2), Karina, Tati (1), Yessy, Aida (3), Laura, Juana (1) e Adriana.
Calfoncal Lavadores: Estela, Raquel (2), Sheila (1), Cintia (4), Victoria, Andrea (2), Yolanda (3), Vanesa, Yolanda R., Silvia (3), Silvia P. (2), Naír (8), María (5).
Árbitros: Iván Meijide e Alberto Fernández. Non influíron no resultado.
A vindeira semana o Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas recibirá ao líder da categoría : o Balonmán Porriño.
