- Escrito por juan cabrejo juan cabrejo
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 10 Novembro 2009 10 Novembro 2009
Dúas victorias, unha derrota e un show

A volta á súa terra truxo consigo que Juanillo asumira as máximas responsabilidades en camarinas.eu
Nova xornada futbolística que en camarinas.eu tamizamos baixo a experta mirada do Mago de Corea, redactor en xefe da sección de deportes, que consigue como sempre a colaboración desinteresada na súa sección dos dous adestradores camariñáns Papi e Pepucho. Xornada a deste domingo que vío unha contundente victoria do Cerceda en Negreira, a derrota en Santa Comba dun Porteño mermado polas baixas, pero sobre todo a victoria do Camariñas no clásico da Costa da Morte diante do Fisterra nun encontro que se envenenou a falta de 15 minutos por unha polémica decisión arbitral que fixo incluso necesaria a intervención dunha patrulla da Guardia Civil. Como sempre as únicas do fotos do show montado no Estadio Hermanas Patiño en camarinas.eu. Como sempre, o mellor análise da man de Juanillo.
Tres puntos moi importantes os que conseguimos onte en Negreira, pois o
Deportivo B gañara o sábado o seu partido e non podíamos fallar porque
si non íbanse a ir na táboa clasificatoria e desta maneira seguimos a
tan só un puntiño deles e visítannos o vindeiro sábado.
Para min,o de onte foi o mellor partido que xogamos fora da casa no que
vai de liga,pois desde o primeiro minuto de partido saimos a por todas
e sin deixar que o Negreira fixese nada. Volveu a abrir o marcador Xaco, nun extraordinario golpe franco dende a
frontal da área (xa van 4 nesta liga, e de tódolos xeitos e colores).
Este gol dounos moita tranquilidade e dispuxemos de ocasións para
amplialo antes de chegar ó descanso. A nivel defensivo o noso equipo non
pasou apuros e todo o equipo defendeu de maravilla.
Xa no segundo tempo seguíamos co dominio pero non conseguíamos o gol da
tranquilidade,este chegou cando despois dunha boa xogada colectiva, o
balón chegou a Felipe e o máximo goleador do Cerceda (leva co de onte 8
tantos) non fallou.
O partido xa estaba visto para sentencia, pois o Negreira non chegaba a
portería nosa e o Cerceda quería máis,e noutra xogada boa do equipo e
despois de numerosos rechaces,caeulle o balón a Fran Castaño que cerca
da área pequena rival fusilou o meta Nicrariense conseguindo o terceiro
e definitivo gol para nós. 3 puntos que fan que desta forma sigamos a tan só 1 do Deportivo B, o actual líder. O vindeiro sábado en Cerceda,partido por todo o alto,pois xogamos contra o Deportivo B e esperemos desvancalos do liderato.
Partido complicado o que tiñan os homes de Papi onte no campo Hermanas
Patiño, pois recibían a un Fisterra que estaba en boa racha de
resultados. Magníficos 3 puntos que sacou o Camariñas onte para seguir moi de preto
ó líder, ó Zas que gañou en Lira con comodidade ó colista.
Dinos o adestrador Camariñán PAPI (teño que agradecerlle a súa
colaboración novamente, pois sempre nos atende encantadísimo e de parte
recoñecer a magnífica labor que está a facer) que o partido sacouse
adiante con moito traballo e sacrificio por parte dos seus homes, pois
en frente tiveron un rival moi difícil. Xa no primeiro tempo, o Camariñas consigue o primeiro gol por mediación
de Antelo, e minutos despois, Ismael ampliaría a vantaxe para o
conxunto da vila dos encaixes conseguindo un 2-0 que daba tranquilidade. Antes do descanso,o Fisterra acortaría distancias no marcador tras un
saque de esquina no que o Fisterrán Mané consigue un gol olímpico no
que o porteiro camariñán puido facer algo máis pero que non lle hai
que reprochar nada,pois outros partidos danos puntos facendo moitas
paradas (coméntanos Papi).
Tras o descanso o partido non ten un claro dominador,hasta que PAPI fai
un cambio de posición nos seus xogadores e con moi boa visión do que
estaba a pasar, coloca ó Muxián David en punta de ataque e éste
respóndelle cunha magnífica xogada colocando o 3-1 no marcador.
Faltando 13 minutos, aparece unha xogada que desluciría todo o
partido, pois despois dun córner a favor do Camariñas prodúcese unha
contra por parte do Fisterra e según palabras do propio PAPI o gol era
legal, pero o árbitro anúlao por fora de xogo e móntase "a de Dios", os fisterráns rodean ó árbitro e éste métese nos vestiarios suspendendo o
partido.
Ten que chegar a garda civil para que se volte a reanudar, e o árbitro
expulsa a 4 xogadores do Fisterra que acaban o partido con 7 homes. Lamentable o que sucedeu, pois é normal que os Fisterráns se
enfadaran pero non se pode chegar a extremos que provoquen a suspensión
do encontro e esperemos que esto non volte a suceder por parte de
ningún equipo da liga da costa. O Camariñas visita ó San Lorenzo o próximo domingo nun partido moi complicado que esperemos saquen adiante os homes de PAPI.
Non estaba contento PEPUCHO, o adestrador do Porteño polo resultado
acadado en terras de Santa Comba o sábado pasado. Moitas baixas no conxunto
da Ponte do Porto, pois faltaban homes importantes como David Toja,
Michel, Varela..... e iso nótouno o equipo de Pepucho
Dinos o adestrador camariñán que o seu equipo saleu ben o campo e que
durante o primeiro tempo tiña controlado o partido, hasta que o árbitro
do encontro sacouse da manga un penalty que ata sorprendeu ós xogadores
do Castriz que o pitara,pois ninguén dos alí presentes sabe porque
pitou ese penlty.Para PEPUCHO o árbitro saleu a perxudicar ó seu
equipo,pois non se entende de outra forma a sua persecución durante a
primeira metade e que acaba como antes mencionábamos sinalando no
minuto 45 un penalty que suporía o 1-0 para o Castriz e que a postra
acabaría co partido a pesar de que quedaba todo o segundo tempo.
No segundo tempo,hai un posible penalty a Juan o Vello que puido
cambiar o resultado,pois si pitou o primeiro,o de Juan o Vello sería un
penlty como unha catedral,pero o árbitro seguío as suas e a partir de
ahí os xogadores de Pepucho(que tamén lle temos que agradecer e moito a
súa colaboración con nós e que está a facer unha boa tempada a pesar de
que os resultados non acompañan), descentraríanse e tan só habería un
equipo no campo, o Castriz, que conseguiría o segundo e terceiro gol
chegando así ´0 3-0 final.
Non estaba contento Pepucho con algún dos seus homes,pois faltaron a súa cita co partido a pesar de se xogar un sábado.Moitas complicacións está a ter Pepucho,pois por uns motivos ou
outros,non hai partido no que non lle falle algún xogador e iso estao a
notar o Porteño que de seguro vai a empezar a remontar postos na táboa
clasificatoria moi pronto.
Un saudo a tódolos usuari@s de CAMARINAS.EU e ata a semana-
PD- Adiantar que para o ano que ven, haberá un novo equipo, o Xaviña c.f.
e tamén falaremos dos seus partidos como debe de ser. Ánimo a tódalas
persoas que están a colaborar para sacar o proxecto
adiante. Camarinas.eu, a web das ideas orixinais.....non todos fan o
mesmo.....
Comentarios
En todo caso, se hai que perder que sexa contra o Cerceda! moita sorte para o que resta de tempada! saúdos!
Jracias pola dirección que me deches pá concursar coas poesías.Pero,de momento,non estón interesado en concursar máis.Quero publicalas nún libro onde,có teu permiso,tamén aparecerá algunha dás que te adiquei.
Un saudo,amigo
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.