- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 22 Setembro 2007 22 Setembro 2007
C.B. Camariñas 31 - Rasoeiro 32
O xaviñán Felipe foi un dos xogadores máis destacados do encontro contra no RasoeiroNun partido moi igualado (31-32) o Club Balonmán Camariñas deixou a victoria para o Rasoeiro que sigue na Copa. Todos os xogadores do Camariñas fixeron un bo traballo en equipo, pero o máis destacados foi Felipe Santos que cuaxou un gran partido. O seu talento nato para o balonmán estase a demostrar día a día nun campo como o de Camariñas que non está para tirar cohetes..de feito os seus tiros, xunto cos de Fabián (que foi expulsado neste partido) son os únicos cohetes que se tiran en Camariñas a día de hoxe. Para ver a galería especial deste partido PULSA AQUÍ
Actuación destacada tamén a de Alberto "Catalán" que estase a gañar a
posición e anima ao resto de xuveniles a traballar para subir ao equipo
grande. A semana que ven comeza a liga para o Club Balonmán Camariñas e
xa empeza a batalla de verdade. Os vibrantes partidos na Olla a presión
que ten que ser o Pavillón Municipal de Camariñas van a ser a tónica
desta temporada.

Monchiño tamén estivo, coma sempre, moi loitador