- Escrito por juan cabrejo juan cabrejo
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 03 Novembro 2009 03 Novembro 2009
A xornada do Mago de Corea

O experto análise do máis grande xogador de tódolos tempos da Costa Atlántica só en camarinas.eu
Xornada desigual a que analiza o Mago de Corea e que trouxo consigo a victoria fácil dun Cerceda que comandado por Juanillo presenta as súas credenciais para o ascenso á Segunda División B, a derrota inmerecida dun Camariñas que asoballou ao Malpica no seu propio estadio e o empate dun Porteño que non logra transformar o seu dominio territorial en victorias. O redactor en xefe da sección de deportes de camarinas.eu no seu repaso semanal ao acontecido na xornada ligueira ademáis de ofrecer aos nosos lectores en exclusiva os comentarios privilexiados de Papi e Pepucho, os adestradores dos equipos camariñáns, nesta edición conta como firma invitada con Marcos Bestilleiro da RTV CERCEDA que nos da a súa versión da espeluznante lesión sufrida polo meta do Cerceda ao impactar brutalmente cun dianteiro rival. Todo este luxo, só en camarinas.eu.
A Xornada do Mago de Corea
CERCEDA 3-0 CIUDAD DE SANTIAGO
Partido fácil o que tuvemos onte onde disfrutamos de moitas, moitísimas ocasións de gol para obter un resultado máis abultado. Os goles nosos foron conseguidos por Felipe (en duas ocasións) e Souto. Partido disputado nunha tarde chuviosa e na que o Cerceda saleu o campo
ca intención de deixar o partido sentenciado dende os primeiros minutos
o que motivou que as ocasións non tardaran en chegar pola nosa parte. Así, nos primeiros
45 minutos ademáis do gol tivemos moitas ocasións por parte miña, de
Rodrigo, Xaco, Felipe e Souto, que de ter un pouco máis de fortuna farían que fósemos
ó descanso cunha ampla ventaxa e non só cun gol a cero como fomos. O segundo tempo comenzaría igual que o primeiro, con moitas ocasíóns de
gol pero fallando moito. Pero finalmente chegaron o 2-0 e o 3-0. Poideron ser
moitos máis pois Louro, Noé, Felipe, Kelvin e Souto tiveron ocasións para
ampliar o marcador ante un rival, o Ciudad de Santiago, que ainda non
cobrou nin un mes e bastante fan os seus pobres xogadores con saltar ó
campo. En definitiva, 3 puntos que nos serven para seguir moi de cerca ó Deportivo B que
volveu e gañar e que nos saca 1 punto e que dentro de 15 dias visitará
Cerceda para enfrentarse a nós. Para a semana derbi en Negreira, que seguro nos vai a poñer as cousas moi difíciles.
MALPICA 1-0 CAMARIÑAS
Unha frase que resume moi ben o partido disputao polo Camariñas en
Malpica, frase que nos decía o seu adestrador PAPI: "cando a pelotiña
non quer entrar, non hai nada que faser". Para Papi o seu equipo mereceu moito máis nun encontro no que debido a
un erro defensivo na marcaxe a saida dun corner perdeuse o partido. Dinos Papi que a partir dese minuto 16 do primeiro tempo só hubo un
equipo no campo, o Camariñas, que foi o dono e señor do balón creándo
moitas ocasións pero sen conseguir perforar a porteria rival. Xa no segundo tempo, Papi arriesga e coloca tan só 3 defensas no campo e
comenza un acoso total sobre a portería malpicana que fai que o equipo
local non saia da súa área e que o Camariñas cree numerosas ocasións de
gol pero doña fortuna non estaba de lado do conxunto camariñán. Moitas
ocasións pero a pelotiña non quixo entrar. Vaise con bo sabor de boca Papi deste encontro, pois a pesar da derrota
o equipo da Vila dos Encaixes sempre dou a cara e mereceu unha mellor sorte. Esperemos que cambie a fortuna no vindeiro partido no que o Camariñas recibe ó Fisterra.
PORTEÑO 1-1 XALLAS
Continúa o Porteño de PEPUCHO sen gañar a pesar de ser mellor co rival. Voltaron a ser superiores os homes de Pepucho nun encontro no que voltaron
a fallar numerosas ocasións. Dinos Pepucho que o seu equipo foi mellor
co Xallas en tódolos momentos do partido agás nos últimos 15 minutos onde o equipo xalleiro a piques estivo de levarse os 3 puntos do mítico Campo
da Grixa. Para Pepucho o Xallas é un dos 3 mellores equipos da liga e os seus reservas
do Xallas para él serían titulares en calquer outro equipo. Adiantaríase o Porteño no minuto 51 por mediación de Varela (gol de
semi-volea e ¡¡ca perna dereita!!) pero no minuto 65 empataria o Xallas
nunha falta directa donde o porteiro local poido facer algo máis.
Notou o Porteño o escaso acerto de cara gol, pois Juan o Vello en duas
ocasións, David Toja, Michel e Valeiro tiveron claras ocasións de gol
pero fallaron. E o que é o futbol, tanto perdonar e nos últimos 15
minutos, o Xallas perdonou 2 claras ocasións para levarse os 3 puntos. Merece máis o equipo de Pepucho que por fútbol e ocasións tiña que estar moito máis arriba. Para a semana o Porteño visita ó Castriz, esperemos contarvos unha victoria do conxunto de Pepucho.
PD-Un saudo a tódol@s usuari@s de CAMARINAS.EU, a web das ideas orixinais.
Comentario de Marcos Bestilleiro da TV Cerceda
Corría o minuto 36 de partido cando nunha saída do Carballés Cristopher fora do área para atallar un balón alcanzado por Bruno desencadeouse a grave lesión. Alertados os supostos servizos de emerxencia privados da mutualidade da federación galega de futbol, achegouse ao punto da urxencia preto dunha hora despois unha ambulancia concertada de Carballo dunha empresa moi coñecida asociada tamén no sector fúnebre. Os supostos técnicos de emerxencias (quedando descartado que fosen pola pobre actuación, digo pobre actuación porque nin sequera sabían o que era un colchón de baleiro, nin para que se utilizaba asi como a inmovilización dun pacente con posibilidade de que tivese algún tipo de fractura.), tivo que ser unha persoa moi coñecia, ésta si adicada entre outros as emerxencias do 061 que naquel intre se atopaba no estadio Roxo, quen realmente coordinase a urxencia no punto hasta a evacuación final. As 19:45 unha hora máis tarde por fin procedían a evacuación a urxencias do Hospital S. Rafael da Coruña.
Ali segundo fontes sanitarias non presentaba fractura de ningún tipo, eso si, unha grave distensión da suxeción entre a cadeira e o fémur con afectación nervosa, daí a forte dor que presentaba. Finalmente foi dado de alta antes das dúas horas dende que foi atendido. Precisará unhas semanas de recuperación xa que lesión considerouse como grave dende o equipo facultativo de trauma. Descansa no seu domicilio de A Coruña.
¿No suposto que tivese que acudir un equipo médico o estadio ante un pacente inconscente, o tempo de resposta cal sería por parte de federación.???? Normalmente acude sempre un helicoptero medicalizado ante tal emerxencia, estamos a falar de unha urxencia vital. ¿ sería a federación quen coordinase ou quen ¿ sería o club quen asumise os gastos (NON SON NADA BARATOS)?, xa que según a mutualidade de futbolistas non paga os gastos orixinados fora das normas que establece.
¿No caso, máis drástico, de que falecese un futbolista a consecuencia dun golpe ben sexa hemorraxia, traumatismo craneoencefálico, etc, ¿a mutua asumiríao?
O que está claro que teñen moito que mellorar, estamos ante persoas feridas e o protocolo de actuación ante unha urxencia hai que executalo… senón o saben non poden asistir porque o poden convertir realmente nunha emerxencia.
Marcos Bestilleiro/RTV CERCEDA.

Comentarios
Non sen como hoxe nos tempos que estamos non haxa personas preparadas pa unha emerjensia, que solusionen eso que ca vida de unha persona non se pode xojar.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.