4.3863636363636 1 1 1 1 1 Rating 4.39 (88 Votes)

A gran festa do fútbol camariñán

O muxián David celebra o gol que inaugurou o marcador do derby máis apasionante dos últimos tempos
O muxián David celebra o gol que inaugurou o marcador do derby máis apasionante dos últimos tempos

Camarinas.eu a web máis representativa do Concello, auténtica voz e conciencia das boas xentes do mesmo, mantén unha estricta neutralidade e independencia non só no ámbito político senón tamén no deportivo, por iso presentouse no derby que enfrontaba aos dous equipos do concello cunha iniciativa imparcial que foi aceptada de forma entusiasta por esa institución do balompé camariñán chamada Vicente Carril: a de que unha muller, Sandra Insua Rial, porteña de nacemento e concelleira de deportes, fixese o saque de honor do derby. Antes xuntáramos aos dous equipos nunha foto para a historia, proba das relacións de irmandade e compañerismo que unen a dous dos máis lexendarios dos equipos da Liga da Costa. Finalmente, cara ás 16:30 no Estadio Hermanas Patiño dou comenzo un choque cuia crónica e unha impresionante galería de máis de 170 imaxes poderás atopar no interior da noticia.

A gran festa do fútbol camariñán

Unha intensa néboa marcaba os prolegómenos dun derby camariñán no que o equipo local presentábase como líder cun balance de seis victorias e unha derrota. Todos eles po K.O., este Camariñas non coñece os combates que se deciden aos puntos. Todo elo facía que uns 300 aficcionados provintes de tódalas partes do concello se acercaran a un Estadio Hermanas Patiño que cun céspede artificial resplandecente e un peche perimetral aínda en pañais recibía a xiareiros porteños ilusionados en dar a sorpresa.  Sen embargo o Camariñas saío forte e durante os quince minutos iniciais trenzou un fútbol de filigrana e toque con cambios de orientación que facían circular o esférico a unha velocidade de vértigo ata que o muxián David, en xogada personal e de factura impresionante, elevaba o un cero ao marcador. O marcador. Neste punto debe remarcarse que no Estadio Hermanas Patiño todo o mobiliario e de recente e impecable instalación, de diseño podería decirse incluso: un céspede artificial de 50 millóns de pesetas, catro impresionantes torres de iluminación, uns arredores de asfalto que xa os quixeran moitas das rúas do noso concello, un peche perimetral de granito pulido, semellante ao daqueles mármores de Carrara que ornamentaban as Villas dos senadores romanos, uns graderíos que seguramente non se farán esperar moito tempo... Un marcador electrónico, sí, é o único que bota de menos este redactor para ter o lote completo: un estadio de primeira categoría internacional.
 
Despois do gol, toda aquela promesa inicial de fútbol de calidade dos camariñáns acabou por diluirse ben debido á ofensiva duns porteños sabiamente comandados táctica e estratéxicamente polo seu adestrador Pepucho ben debido a que todo resultou ser un espellismo. O caso é que dende ese momento acaecido no minuto quince de xogo, os mandos do partido pasaron a un Porteño que non os abandonaría ata o final do mesmo, se ben de forma infructuosa e sin crear prácticamente ningunha oportunidade clara de gol. Con todo, despois do xogo amosado e da sabia dirección dende os banquiños, é de esperar que cando a fortuna sonría ao histórico conxunto porteño, este non pase demasiados apuros para sobrevivir na categoría de prata do fútbol da Costa.
 
Así, xogando a contra, roubando balóns no mediocampo para abrir cara os extremos, foi como un Camariñas que non foi na segunda metade en ningún momento dono do balón, asestou dúas puñaladas mortais de necesidade: a do penalty errado por Ismael e pouco despois cun auténtico golazo do xogador de Carantoña que desa maneira redimía a súa culpa anterior. Os extracomunitarios do FC Camariñas desnivelaban o derby da máxima rivalidade municipal. Pouco máis deixou o clásico, a non ser unha tangana provocada pola expulsión do muxián David no minuto 75  e que provocou que algún dos entrenadores asumira un protagonismo certamente lamentable cun espectáculo que será mellor olvidar. Preferimos pensar que foi cousa dos nervios e da tensión, pero ao parecer a mencionada escena de acción xa se repite demasiado a menudo. Con todo, nin eso empañou o derby da irmandade entre dúas vilas e aficcións veciñas e irmáns, nun partido que deixa ao Camariñas como máis líder da Segunda División Autonómica e no que estes dous redactores o pasaron pipa desfrutando do bo xogo dos nosos dous equipos da alma e do alento, amistade e gracia de tantos xiareiros camariñáns e porteños. 

Comentarios   

rubiasexy
0 # rubiasexy 26/10/2009 22:48
que boonitas fotos o campo esta ben e bueno canto tiempo mima sin estar ahi mima bueno alegrome de ver ajuan etamen amikel bueno atod@ suerte y buenas noches sefa eos pedros
Denunciar ante o administrador
MBCA
0 # MBCA 27/10/2009 01:41
e muitoo camariñas ohh jajaja..ai q ir a pola liga..!!
Denunciar ante o administrador
lucia018
0 # lucia018 27/10/2009 13:52
Maria nn viñestes ber o partido jaja!!que ben o pasamos !!xa lle dixen a monica que ai que ir sempre que axa Futbol eu non miro moito o pertido jaja solo cando ai algun Jaleo polo medio jaja pero este ainda o estubemos mirando oo !!!Pos alegrome q Ganara o camariñas jeje!!Ai anda meu cuñado ....bikiñs
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.