- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 20 Outubro 2009 20 Outubro 2009
A mellor información do noso fútbol en Camarinas.eu

Juanillo regresa á web que el coa súa colaboración contribuío a situar como líder histórico da Costa da Morte
Alguén puido pensar que Juanillo abandonara camarinas.eu. Estaba claro que non coñecen ao Mago de Corea, un home fiel a uns colores e aunha forma de entender o xornalismo. O mellor xogador que dou en toda a súa historia a Costa da Morte volve e volve para implicarse moito máis se cabe na web da súa alma como redactor en xefe da sección de deportes a través dunha impresionante sección semanal na que ademáis de contarnos a xornada do actual equipo líder da Terceira División galega, o Cerceda, pasará revista ao realizado polos equipos do concello: o Camariñas e o Porteño. Tres crónicas nas que a realidade deportiva dos nosos equipos será analizada pola mirada experta dun dos maiores coñecedores da actualidade do fútbol galego, un home que por méritos propios xa forma parte da historia futbolística de Galicia. Juanillo regresa ao seu fogar, Juanillo regresa a camarinas.eu.
CERCEDA 2-0 RAPIDO DE BOUZAS
Partido máis complicado do que reflexa o marcador, pois o histórico conxunto vigués
do Rápido de Bouzas creounos moitos problemas no primer tempo e incluso chegou a rematar
duas veces ó largueiro. Conseguímonos adiantar no marcador no primer
tempo, despois dunha boa xogado do fisterrán Noé que pasoulle o balón a
Felipe que só tuvo que empurralo para dentro da portería.
No segundo tempo controlamos o partido e non pasamos apuros, e nunha boa
xogado do nixeriano Kelvin que cede de novo a Felipe que diante do
porteiro consigue o segundo gol para o Cerceda e para a súa conta
particular. Só destacar un susto que tiven no minuto 20 do segundo tempo debido
a un corte de dixestión que me fixo caer ao chan e tuven que ser sustituido pero que
non pasou máis alá que do susto pertinente. Tres puntiños de ouro que nos situan líderes en solitario por diante do
Deportivo B e que nos fan afrontar a próxima salida a Cangas do
Morrazo para xogar contra o Alondras con moita moral.
CARNOTA 1-2 CAMARIÑAS
Excelente o triunfo acadado polo Camariñas en terra carnotán diante
dun equipo que foi dos que máis se reforzou da categoría. Os goles do
equipo camariñán conseguíronos Ismael e Javi. O conxunto dirixido por Papi foi o
claro dominador do partido e o resultado pudo ser máis amplio. Tres puntos
que tras a derrota do Zas sitúan aos nosos como líderes en solitario neste comenzo
de tempada na que o Camariñas está presentando as súas credenciales
para estar nos postos de arriba. Os homes de Papi terán para a semana unha proba de fogo no gran derbi camariñán no que se enfrentarán ao Porteño de Pepucho.
PORTEÑO 1-5 MUROS
Engañoso o resultado tan abultado que conseguiu o Muros na súa visita a
Ponte do Porto. O equipo de Pepucho non mereceu caer por tantos goles de
diferencia nun encontro donde o mellor xogador do partido foi o
porteiro Muradán.
A expulsión de Juan o Vello cando só ían 10 minutos de partido foi
determinante, e pese a todo, o Porteño plantou cara e mereceu mellor
sorte de non ser polos postes das porterías, pois en nada máis e nada
menos que 5 veces remataron os homes de Pepucho ós paus, e non só
iso, tamén fallaron un penalti cando o resultado era de 1-2 no
marcador, e a partir do 1-3, cando Pepucho colocou 3 defensas para
intentar a desesperada remontar o partido, o Muros, un conxunto chamado a
estar entre os mellores rematou a contra con 2 goles máis.
Esperemos que a sorte acompañe ao bo futbol e ás moitas ocasións que
está creando o Porteño porque por fútbol merecería estar mais arriba na
taboa clasificatoria. Derbi de máxima rivalidade para a semana no campo Hermanas Patiño, na
que o Camariñas de Papi tratará de seguir cá súa racha triunfal
mentras que o Porteño de Pepucho que o ano pasado gañou os dous
encontros de máxima rivalidade tratará de conseguir 3 puntos para subir
posicións na tabla clasificatoria. Bo derbi que a xente de Camariñas e da Ponte do Porto non se debe perder e que falaremos del a vindeira semana.
Un saudo a tódolos usuarios de camarinas.eu


Comentarios
Un saudo
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.