- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 11 Outubro 2009 11 Outubro 2009
Cheo ata a bandeira no Estadio do Cotro

Como xa adiantara camarinas.eu, o Football Club Buría, o equipo que remediará a sequía de títulos nun concello no que se invirten cantidades inxentes en fútbol para tan pouco resultado, xa da os seus primeiros pasos cun éxito clamoroso de público, como comprobou o redactor de camarinas.eu destinado a cubrir o trascendental encontro de posta a punto do que será o equipo dos amores da web máis vista da Costa da Morte. A aficción vólcase con este novo equipo congregándose no máis histórico e lexendario dos estadios do concello en número non inferior ao que podemos ver un domingo calquera nos campos de 2ª Rexional da redonda.
A esto hai que engadir que algúns dos redactores da web aínda de bo ver físico (Kecho, Zhúkov), entusiasmados co novo proxecto, bríndanse para destilar as poucas gotas de talento futbolístico que lles quedan no futuro club que represente a máis antiga das parroquias de Camariñas por eses campos de Dios, os da Costa, enfrentando as súas febles perniñas aos bravos centrales pataqueiros que se poñan por diante. Como adestrador non debe desbotarse a un Diego Alonso Freire que seguirá a tradición familiar nos banquiños, estando incluso dispostas algunhas das nosas redactoras a cumplir fielmente cada xornada dominical como suxerentes animadoras encargadas de quentar cos seus bailes prohibidos os graderíos ata niveles volcánicos. En fin, o FCB empeza a tomar forma. Esta vez vai en serio. Don Antonio Rodríguez Canosa estaría orgulloso.
Cheo ata a bandeira no Estadio do Cotro
Como xa adiantara camarinas.eu, o Football Club Buría, o equipo que remediará a sequía de títulos nun concello no que se invirten cantidades inxentes en fútbol para tan pouco resultado, xa da os seus primeiros pasos cun éxito clamoroso de público, como comprobou o redactor de camarinas.eu destinado a cubrir o trascendental encontro de posta a punto do que será o equipo dos amores da web máis vista da Costa da Morte. A aficción vólcase con este novo equipo congregándose no máis histórico e lexendario dos estadios do concello en número non inferior ao que podemos ver un domingo calquera nos campos de 2ª Rexional da redonda. A esto hai que engadir que algúns dos redactores da web aínda de bo ver físico (Kecho, Zhúkov), entusiasmados co novo proxecto, bríndanse para destilar as poucas gotas de talento futbolístico que lles quedan no futuro club que represente a máis antiga das parroquias de Camariñas por eses campos de Dios, os da Costa, enfrentando as súas febles perniñas aos bravos centrales pataqueiros que se poñan por diante. Como adestrador non debe desbotarse a un Diego Alonso Freire que seguirá a tradición familiar nos banquiños, estando incluso dispostas algunhas das nosas redactoras a cumplir fielmente cada xornada dominical como suxerentes animadoras encargadas de quentar cos seus bailes prohibidos os graderíos ata niveles volcánicos. En fin, o FCB empeza a tomar forma. Esta vez vai en serio. Don Antonio Rodríguez Canosa estaría orgulloso.





Comentarios
es q estan muy lejos
de todas formas enorabuena por acordaros de los chabales.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.