- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 14 Agosto 2009 14 Agosto 2009
Reira, o Novo Reino do Windsurf

Adeus a Tarifa como paraíso dos windsurfistas. Ao longo deste desdichado verán de 2009 nos escasos días nos que puidemos visitar as paradisíacas praias de Reira víñamos constatando unha realidade nova: o número crecente de apaixoados do windsurf que se achegaban pola Praia Grande de Reira ata que na tarde deste xoves 13 de agosto esta invasión acadou a súa apoteosis total cun mar de velas multicolores aproveitando os soplidos frenéticos dun nordeste implacable: por momentos entre 25 e 30 windsurfistas danzaban ao son do vento á sombra do máis fermoso dos Faros.
Polo tanto parece que estamos abocados a convertirnos nun punto de destino para os practicantes do windsurf debido a unhas condicións climatolóxicas e naturais óptimas para a práctica deste deporte, con outro encanto máis que sumar a todos os atractivos dun concello que está chamado a converterse nun futuro non moi lonxano nun dos principais destinos turísticos de Galicia. Polo tanto parecen inevitables as peregrinacións de furgonetas ata o máis célebre areal camariñán. Adeus a Tarifa como Reino do windsurf. Adeus a Reira, como a inexplorada e salvaxe praia familiar frecuentada ano tras ano só por un infatigable puñado de fieles.

{multithumbs}
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.