- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 13 Agosto 2009 13 Agosto 2009
Mentras uns disfrutan das súas vacacións paseo arriba paseo abaixo ao longo do novo Boulevard Marítimo do Campo, outros enfúndanse o mono de traballo e inician as súas duras e nunca ben remuneradas obrigas laborais. Esto é aplicable especialmente ao mundo do deporte, e así esta semana víamos como o mércores 13 de agosto Juanillo xa disputaba os seus primeiros minutos co seu novo equipo, o Cerceda de 3ª División, ou como Fabián Canosa e Cristian Vigo presentábanse co OAR Coruña este luns as 21:00 no Pavillón San Francisco Javier (ao lado de El Corte Inglés) e disputaban un amistoso contra o seu filial.
Desta maneira confírmase a importancia de Camariñas como canteira de formación de futuras estrelas de balonmán. Tras os éxitos de Victor Vigo no Teucro de Pontevedra e no Naturhouse de Logroño, un vello coñecido das páxinas de deportes de camarinas.eu, Fabián Canosa, inicia a que será xa a súa segunda tempada como lateral dereito da escuadra coruñesa, despois dun exitoso primer ano no que o equipo dirixido polo técnico Pablo Aguirregabiria consolidouse na 1ª División Nacional de Balonmán, mentras que o que era ata agora porteiro do C.B. Camariñas, Cristián Vigo, foi unha das novas fichaxes que conforman o plantel dun equipo histórico que aposta firmemente por un proxecto de futuro, cunha media de idade mui baixa, e de cuias evolucións no Campeonato 2009-2010 seredes puntualmente informados en camarinas.eu.

















Comentarios
Os de Camariñas teñen que darlle a todo, somos os mellores.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.