- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 08 Agosto 2009 08 Agosto 2009
Os nosos regatistas premiados en Corcubión
Os camariñáns Helena, Carlos, Aníbal e Marcos estiveron entre os xoves premiados este venres en Corcubión
Corren días intensos para o mundo da vela no Concello de Camariñas. Este domingo 9 de agosto cumprirá o CNC a súa maioría de idade, o xoves arrivaba a nosa vila a XI Volta Náutica a Galicia. O venres mañán o mesmísimo Alcalde e Tenente de Alcalde preséntanse no Club Náutico para despedir aos participantes e nunha lancha da organización acompañaban aos iates ata a entrada da Ría e no venres noite, en Corcubión, os nosos xoves regatistas eran premiados polos seus logros na Liga da Costa da Morte de Vela. E alí, ao lado dos nosos campeóns, como sempre camarinas.eu.
Despois de seguir intensamente as evolucións do competitivo equipo de regatas camariñán que representando ao noso concello e ao noso CNC cuaxou grandes actuacións ao longo da Liga da Costa da Morte de Vela esta primavera do 2009, camarinas.eu non podía deixar de estar presente na entrega de premios que tivo lugar na Casa de Cultura de Corcubión na noite do venres 7 de agosto ás 21:00 horas.
Nela participaron rapaces de Laxe, Corcubión, Finisterre e Camariñas. Aos nosos entregóuselle galardóns correspondentes ao segundo posto na clase Omega, embarcación que foi patroneada por Helena, con Carlos, Aníbal e Marcos de tripulantes, sendo o mesmísimo Presidente da Federación Galega de Vela o encargado de entregar a copa. Nesta importante labor colaboraron o Alcalde de Corcubión, o presidente do Club Náutico Carrumeiro, o presidente do náutico de Finisterre e a vocal do Club Náutico de Camariñas Mariluz Campaña Blanco. Entre o público asistente estaban representantes dos clubs náuticos (entre eles a nosa querida Amparo), tripulantes dos iates que participan na XI Volta a Galicia que na xornada do venres fixeron a travesía Camariñas-Corcubión e familiares dos rapaces premiados. Todos eles, tiveron como recompensa ao finalizar o acto de entrega de premios un suculento piscolabis cuia factura correrá a cargo do Concello de Corcubión.




Comentarios
FELISIDADES.
Antonio
Felicidades pero non vos sentedes a descansar sodes vos os gañadores de hoxe os que tendes que axudar os gañadores de mañan.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.