- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 21 Xullo 2009 21 Xullo 2009
Visita sorpresa dos nosos usuarios cartaxeneros

A redacción de camarinas.eu e a Peña O Mago de Corea posando diante do Café Bar Arnela
A marchas forzadas, durmindo de mala maneira nun alto calqueira no camiño, mordisqueando ansiosamente un bocadillo nun bar de carretera. Todo esto é pouco cando se fai para estar ao lado do teu ídolo futbolístico. Sobre todo cando se trata do auténtico Mago de Corea, Juan Manuel Cabrejo Pasantes, o mellor futbolista da historia da Costa da Morte, o cal foi gratamente sorprendido na mañá deste martes 21 de xullo polos membros da súa Peña cartagenera que veñen a estas benditas terras a pasar uns días ao lado do seu ídolo. Pulsa na foto para ver unha galería e un video de un emotivo reencontro.
Visita sorpresa da Peña de Juanillo
A marchas forzadas, durmindo de mala maneira nun alto calqueira no camiño, mordisqueando ansiosamente un bocadillo nun bar de carretera. Todo esto é pouco cando se fai para estar ao lado do teu ídolo futbolístico. Sobre todo cando se trata do auténtico Mago de Corea, Juan Manuel Cabrejo Pasantes, o mellor futbolista da historia da Costa da Morte, o cal foi gratamente sorprendido na mañá deste martes 21 de xullo polos membros da súa Peña cartagenera que veñen a estas benditas terras a pasar uns días ao lado do seu ídolo.
Efectivamente, estaba o Mago suplindo a ausencia sempre vital dos seus proxenitores, ausentes na mañán de hoxe por mor dunha viaxe á Coruña, servindo afumeantes cafés axudado por Marisa á toda a parroquia mañanera do bar paradigmático do distrito de Corea, cando cinco camisetas da Peña que leva o seu nome entraron sorpresivamente pola porta. Acompañados polas súas señoras e tras conducir durante toda a noite dende Cartagena, chegaban os nosos usuarios The Bottom, Puertollanero, etc... a pasar uns días acompañando ao seu ídolo e amigo, o cal non dubidará en amosarlles todas as belezas que agocha este Concello fermoso e antigo. Lástima que o tempo non acompañe.





Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.