- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 08 Xullo 2009 08 Xullo 2009
Crónica dunha intensa xornada de cuartos de final

De conformidade co acontecido ao longo dun torneo que resultou todo un éxito de público e de organización, os cuartos de final da liga de fútbol sala Lumarea da Vila resultaron especialmente intensos e emocionantes, tendo que decidirse algúns dos encontros dende o punto fatídico da tanda de penalties. Catro partidos que estiveron cheos de tensión e de sorpresas e nos que algúns dos principais aspirantes ao título resultaron eliminados. Camarinas.eu, único medio presente no Pavillón Municipal ao longo dun torneo que resultou histórico, trae ás páxinas da web que fixo da Costa da Morte un dos principais escenarios informativos de Galicia, a crónica do acontecido nos cuartos de final. Agora xa só queda as semifinais e a final. Este próximo sábado 11 de xullo.
BODEGON A MOLEDA 5 - EXPERT AMEAL
1
CERVECERIA AS VEGAS 4 - HOTEL RUSTICO ARNELA 4
(clasificado Hotel Arnela a penaltis)
PANADERIA PICHIN 1 - FRIO INDUSTRIAL DARIO 2
GALF CAR AMEIXENDA 2 - PUB 630 10
No
primeiro encontro o Bodegón A Moleda fixo valer a súa condición de
favorito gañando o seu partido fácilmente diante do equipo Expert Ameal, moi
mermado cas baixas.
A xornada dos cuartos de final da Liga Lumareas
2009 estivo chea de sorpresas e así, a primeira chegou coa derrota da Cervecería
As Vegas a mans duns combativos xogadores do Arnela que conseguiron empatalo
partido cando faltaba un minuto para o final. Nos penaltis decidiuse o partido
cunha quinta pena máxima onde o porteiro do Arnela (Pedro) parou o penalti tirado
por Fabián.
No terceiro encontro o equipo Panadería Pichín
non foi quen de facer valer a súa condición de campeón do Grupo B, e caío
diante do equipo Frío Industrial Darío. Foi un partido igualadísimo onde
sobresaío o xogador do equipo gañador Giovanni.
No derradeiro partido de cuartos, o
equipo de Ameixenda víose superado ampliamente polo Pub 630 de Vimianzo, deixando as
semifinais da seguinte forma:
16h FRIO INDUS. DARIO
- HOTEL RUSTICO ARNELA
17h BODEGON A MOLEDA - PUB 630
Os perdedores veranse as caras as 19:00 h e os
vencedores xogaran a finalísima desta liga Lumareas 2009 as 20:00 h vindeiro sábado 11 de xullo.