4.2912621359223 1 1 1 1 1 Rating 4.29 (103 Votes)

Camariñas arrasa no Maratón das Estrelas de Cee

A ledicia desbordouse cando os infantiles do Camariñas gañaron 7 a 5 ao todopoderoso Calvo de Carballo
A ledicia desbordouse cando os infantiles do Camariñas gañaron 7 a 5 ao todopoderoso Calvo de Carballo

Este fin de semana celebrábase en Cee no seu Pavillón Municipal o xa clásico torneo de fútbol sala "Maratón das Estrelas" que enfronta ás mellores escolas de fútbol desta Costa da Morte. Grandes escolas con millonarios presupostos de concellos como o de Cee ou Fisterra ou a todopoderosa Escola de Futbol Calvo de Carballo. No medio destes grandes equipos que reciben tódalas facilidades e cartos por parte de concellos e empresas para comprar todo tipo de equipamentos e contratar adestradores profesionales presentábase un equipo que chegaba en coches particulares, entrenadores voluntarios e pais que meten do seu bolsillo para que os seus nenos practiquen a súa pasión, o fútbol.

Este equipo era o de Camariñas, o equipo que uns cantos valentes como os seus adestradores Visentiño, Faus e Juanillo e pais como Soto do Arnela ou Mikel fixeron que os seus pupilos puideran asistir a este torneo. E así fixeron a xesta. E así foi como gañaron aos poderosos.  Así foi como o nome de Camariñas recibía os laureles da victoria. Camarinas.eu ríndese ante esta fazaña que uns camariñáns protagonizaron ante equipos que tiñan no seu plantel a rapaces que xogan no Deportivo da Coruña. O pobo humilde de Camariñas, outra vez, avergonzou aos poderosos e ás institucións que non superon nin quixeron apoialos. Pulsa na imaxe para ler a crónica que nos manda Juan Camariñán da xesta duns rapaces camariñáns este fin de semana.

 Camariñas arrasa no Maratón das Estrelas de Cee

Intensisimo duelo entre os catro mellores equipos da Costa da Morte viviose este fin de semana no pabellon municipal de Cee, co pabellon a reventar de pais, irmans, primos, amigos, mais amigos dos amigos, tias paternas, tios maternos, compadres dos tios das primas do primo do amijo que é irman do porteiro titular do equipo benxamin, e sobre todo pais, pais, nais e mais nais toleando e berrando co polifacetico e un dos mellores xojadores da nosa costa e arredores e hoxe en día posto a arbitro, o sempre cariñoso Manin, que emocionado contaballe a este que escribe estas lineas que a pesares dos continuos insultos que lle propinaban os nerviosos pais dos chavalíns que corrían polo campo, él disfrutaba como un neno pitándolle a estes pequenos xojadores que nun futuro non lexano representaran a nosa bandeira por eses pueblos e mundos de Dios.

Os chavales da envidiada escola de futbol Fisterrana, os alumnos da representativa a nivel gallega Escola de Cee, os pupilos do Calvo que viñan co nome de Foto Fuentes, e os humildes pero cheos de ilusion camariñáns, que na categoria de Benjamín e Alevín representaban da man, puño e gastos as Baleas de Vicente e Faus, e na categoría de Infantil a falta de un Ayuntamiento que os recolla como todo rapaz de esta nosa costa, tuberon que ir de outra man particular como e o Hotel Puerto Arnela.

Penosa outro ano mais o feito da concejalia de deportes  Camariñana que é a unica que non leva rapaces de toda costa da morte, pero bueno cada loco con su tema, e o caso e que nosos rapaces da man de catro particulares e sin axuda de ningun tipo vapulearon en Cee en duas de tres categorias a escolas de futbol profesionales e municipales, e ao final vironse recompensados cos multiples aplausos da exigente hinchada de Cee.

Corrian as nove da mañan e chejaban os autobuses cos rapaces ca vestimenta correspondinte: chandal, camiseta, e bolso, todo do mismo color, e chejaban en coches particulares e vestidos de multicolor os rapaces de Camariñas, o anual marathon este ano competiase en un solo dia, e a pena dos Camariñans fui que na categoria de Benjamin donde estaban depositadas muitas ilusions, pois quedaron campeons de liga de futbito e futbolsete  comarcal, quedaron apeados a o perder por 4-2 co Fisterra e 5-3 co Cee por fallos que calquer cristiano e con tan poucos anos pode ter.

 En categoria de Alevin e da man de pupilos como Mikel junior e Karen entre outros endosaronlle un 3-1 a o Cee, e un rotundo 7-3 ao Fisterra, proclamandose campeons indiscutibles, e que  fixeron saltar de alegria por todo pabellon os rapaces, pois e o primer trofeo dos muitos que sejuramente conseguiran izar co nome de Camariñas.

Xa na categoria estrella do campeonato a Infantil, e da man de noso usuario Juanillo iniciandose como entrenador, pasearonse pola pista Ceense con un futbol de galeria, que o numeroso publico quixo agradecer coreando cancions camariñanas cando na final os nosos remontaron a un todopoderoso Calvo-Fuentes que transcurrido tan solo dous minutos xa iba janando por dous a cero, parecia que os rapaces de Carballo e aljún sejún se decia do Deportivo iban a apisonar a nosos chavaluelos, pero ca paciencia e consellos de Juanillo a o o final janamos por un 7-5 que inda nos supo a pouco, pa chejar a esta final antes janaronlle a o Fisterra por 5-3, e a o Cee por tamen un 5-3.

Uns chavales que a pesar de todos incovenientes e carencias janan de tres dous trofeos do torneo veraniego mais prestixoso da comarca, e que nos anos anteriores tan solo estaba designado para equipos como o Calvo , Cee ou Fisterra, que teñen a sua disposicion unha escola reconocida e cos seus correspondientes monitores, tan solo merecen miña admiracion.

Dixo no seu dia o sabio Manolin...en Camariñas non sei que pasa, que nacen os xojadores de debaixo das pedras.


Un saludo...Juan camariñan

Comentarios   

seran7989
0 # seran7989 07/07/2009 08:45
Noraboa a todos estes fubolistas campeons,tamen pos alevins que sejuro que pa próxima ves janan eles,e pa todos que fan posible estes triunfos dos rapases.
Denunciar ante o administrador
karina
0 # karina 07/07/2009 10:08
noraboa a todolos rapaces,,,,da gusto velos xijar,,,este sabado demostrouse que as mellores estrelas estan en camariñas,,,fel icidades
Denunciar ante o administrador
gelinita
0 # gelinita 07/07/2009 13:09
asi me gusta que haxa xente que ilusione os rapases e que o fagan sin ningun proveito.Enorab uena campeons e gracias pola vosa axuda
Denunciar ante o administrador
duquesa
0 # duquesa 07/07/2009 13:11
Enorabuena a todos os rapases que son uns campeonsGracias a esa xente que os leva sin ningun proveito.E decirlle a conselleira de deportes que tome nota desto que ai que axudar a os rapases.
Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # Non o olvidaremosMikel 07/07/2009 13:36
Quero co voso permiso,FELICIT AR a estes rapaces e a crónica que nos deixou Juancamariñán.. ..o seu nombre xa o di todo,Camariñán hasta a cota e que aproveitou a unha xeración de Infantiles que están na recámara,casi tirados sin nadie que mire por este deporte,o fútbol...o tempo corre e pérdense xeracións de rapaces que poderian evita tanta calle con medidas deportivas deste calibre....Da aljo de pena ver aljún neno cas medias rotas,ou con un pantalón do Madrid ou Barsa e non con indumentaria como TODOS os demáis concellos....Os Benxamins demostraron xa que son uns fenómenos a pesar de non poder traer este ano a victoria nun complicadisimo Maraton de Cee onde se congregan os mellores da bisbarra...dest a vez tocoulle aos Alevíns onde se atopa o meu fillo,Mikel Junior como se fai chamar aqui....que aproveiten o momento que quizás sexa o único....cos Infantiles disfrutamos como devoraban aos Calvo,os poderosos Calvo que sempre levan aos mellores de cada pobo e con un par deles do Dépor no medio...O Arnela ca batuta levada con Juanillo,un maestro do balón,un crak,fixeron vibrar a un pabellon totalmente entregando á Camariñas por seremos os máis humildes en todos os aspectos...como di Soto,corear o nombre de Camariñas enchionos de ledicia..solo me queda unha espiña,o abandono total por parte da concellalia de Deportes do noso concello..os anos pasan e non se ve nada,parece mentira,pero a alegria dánola a xente q colabora desinteresadame nte e facemos posible que os rapaces podan competir casi como os demáis..e conseguir gañar un Maratón,eso é a satisfacción máis grande que poden vivir en muito tempo....gracia s Baleas,gracias Arnela,gracias aos que poñedes un graniño de area en todo esto...por suposto gracias á redacción desta páxina por facerse eco desta alegria que pudemos disfrutar uns pais totalmente entregados,amig os e demáis veciños----Nora boa chabales,pudest edes participar e ainda por riba gañar,sodes os mellores do 2009,disfrutade o e ojalá podades para o ano que ven poder participar outra vez ,,,ben certo o que decia Manolín,,,salen de debaixo das pedras...os contos non enchen.......Vi va Camariñas(salud os Soto)
Denunciar ante o administrador
Peteke
0 # Peteke 07/07/2009 15:54
bravo campions sejide asi!!!e non vos botedes a perder....
Denunciar ante o administrador
jose de marta
0 # jose de marta 07/07/2009 18:32
Enhorabuena a todos os campeons,sodes unhas maquinas.Seguid e asi e seguro que ganaredes muitos trofeos mais,sodes os maximos.
Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # Beldoña 09/07/2009 10:40
Temos unh jran canteira e o están demostrando estes rapasiños.Norab oa a éles e a seus entrenadores.
Antonio
Denunciar ante o administrador
yeah
0 # o mellooooooor¡¡yeah 02/06/2010 18:06
eeeeeeeeeeeeeee eee as baleas o mellor da costaaaaaaaaaaa ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ ¡¡
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.