4.375 1 1 1 1 1 Rating 4.38 (64 Votes)

Nerea López e Alejandro Ramos, dous cracks saídos da factoría camariñana de Bádminton

Nerea López e Alejandro Ramos, dous cracks saídos da factoría camariñana de Bádminton

Camariñas, Capital do Bádminton

A través das crónicas que de forma continuada ven publicando dende hai máis de un ano camarinas.eu, as boas xentes do noso Concello xa sabían dos éxitos na práctica do difícil arte do bádminton dunha Nerea López Lijó que este último fin de semana ven de levar en volandas á selección da Comunidade Autónoma de Galicia ata o terceiro posto do Campeonato de España Sub-15 disputado en Aranda de Duero, só por detras de Andalucía (campeón) e Cataluña (subcampeón). Pero agora acabamos de descubrir que Camariñas contaba xa dende hai sete anos cun auténtico profesional na práctica deste deporte: Alejandro Ramos.

Pero agora ademáis gracias ao noso querido e intrépido usuario "elpeor" acabamos de saber que Camariñas contaba xa dende hai sete anos cun auténtico profesional na práctica deste deporte: Alejandro Ramos, que entrena a diario duramente no Centro de Tecnificación Deportiva de Bádminton de A Estrada, que foi campeón en repetidas ocasións do Campeonato Galego, que disputa diferentes campeonatos nacionais e que está dentro do Top-100 dos mellores xogadores de bádminton de España e que anhela que en breve Camariñas conte cun club propio nesta modalidade deportiva para arrasar de forma definitiva por Galicia adiante.

Mensaje enviado por Fran Puga

A camariñana Nerea López Lijó (DOR-Ponte do Porto) compoñente da selección sub-15 de Galicia consegue o 3º posto no campionato de España por autonomías, que se celebrou en Aranda de Duero (Burgos) na semana pasada. A medalla de ouro foi para Andalucía, a de plata para Cataluña, e a de bronce para Galicia que gañou na loita polo 3º e 4º posto á comunidade de Madrid.

Mensaje enviado por "elpeor"
Hola!
Bueno pois como che habia comentado mándoche un pouco a historia deportiva de Alejandro Ramos un rapaz de 25 anos e natural de Camariñas que leva anos practicando o bádminton, é neto de ''Suso do Roque'' e fillo de Jesús Angel Ramos e María do Carmen Tajes, estudia en Santiago o último ano de Química e dende fai 7 anos dedícase de maneira ''profesional'' a este deporte, matizo esto porque non é como o fútbol, aínda que se compita a nivel nacional non ten a repercusión mediática e moito menos non está remunerado como outros deportes, é decir a dedicación é puramente por satisfacción persoal e deportiva, eso sí, pode decirse que é moito mais espectacular do que o son outros moitos deportes máis coñecidos. Por proximidade entrena a diario na Estrada, club o que pertence, e desde fai 2 anos hai ubicado alí un Centro de Tecnificación deportiva de bádminton, o único en Galicia e xunto con outros cinco máis son os que hai repartidos polo país.
O artífice, creador e entrenador deste centro é Rodrigo Sanjurjo, presidente da Federación Galega que está intentando elevar a un moi alto nivel aos xogadores galegos deste deporte, conseguindo este ano facer a dous nenos da Estrada triples campeóns de España da súa categoría, matizar tamén que desde este ano é entrenador dos rapaces de Camariñas que como parece pode haber unha boa canteira de xogadores nun futuro.
Ao longo de estes anos Alejandro logrou saltar da competición a nivel autonómico, ganando co seu club a liga galega en diferentes ocasións, a pasar a competición de nivel nacional, disputando ránkings nacionais de diferentes ámbitos e campeonatos de España absolutos como este ano en Alicante ou o pasado en Ibiza, tamén campeonatos de España universitarios sendo o representante da Universidade de Santiago ao longo de 5 anos. Gracias a moito esforzo logrouse colocar entre os 100 primeiros do ránking nacional absoluto na modalidade de individual e no posto 24 en dobres masculino. Espera que se faga un club pronto en Camariñas e non descarta xogar en el nun futuro.

Este é o corto pero intenso palmarés dun camariñán que a pesar de xogar fóra, ten moi presente ao seu pobo.

P.D.: As fotos foron tomadas no Campeonato de España celebrado en Ibiza e un campeonato en Portugal de universidades onde quedou no 2º posto. Moitas gracias pola atención prestada e de novo anímote a seguir con esta web que para moitos é unha fonte de información e noticias sobre Camariñas para a xente que esta fóra. Un Forte Saudo!!!!

Comentarios   

Duane Duke
0 # Duane Duke 01/07/2009 17:52
Eppaa!!!...¡meu primo Alex!...Nin siquera eu o sabía que era profesional dese deporte, tamén é verdade que nos vemos pouco e cando eso pasa e sempre por ahí de noite e xa se sabe...non falamos desas cousas. Sen duda un orgullo para a familia e para Camariñas, si señor, noraboa tamén a Nerea, ten moito mérito que se saque tanto proveito dun deporte tan minoritario como o Badminton, uns cracks...
Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 01/07/2009 18:27
As miñas felisitasion a Alex e a Nerea, que consijades muitos premios mas.
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # rubiasexy 01/07/2009 19:35
felicidades os dous en que ningun conoso pero a cousa mais bonita e odeporte animos sijide asi sefa eos pedros fuerteventura
Denunciar ante o administrador
hombre lobo
0 # ALEJANDRO.....hombre lobo 01/07/2009 20:55
...MIMA!!!!XA TES 25 ANOS,CONOSCOCHE DE VISTA NA MAIS,PERO CREIN QUE ERAS MAIS NOBO,E SEI QUEN SON TEUS,INDA SON UNS MOSOS,JO..ER 25 ANOS,CLARO O TEMPO PASA PA TODO MUNDO..POIS NADA CAMPEON SIJE ASI NO DEPORTE E NON DEIXES OS ESTUDIOS...ANIM O ALEJANDRO!!!!.. .OUTRO ORJULLO PA CAMARINHAS.

VITO
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.