- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 23 Xuño 2009 23 Xuño 2009
Nerea López no Campionato de España de Bádminton

Nerea López Lijó, todo un exemplo de dedicación e sacrificio no deporte
A camariñana Nerea López Lijó comeza hoxe unha das súas maiores aventuras deportivas ao participar no Campionato de España de Bádminton representando ao equipo Sub-15 da Comunidade Autónoma de Galicia. En dito torneo participan 15 representacións autonómicas que competirán ininterrumpidamente toda esta semana ata o domingo. En fin queridos usuarios, camarinas.eu estará atento a todas as notas de prensa que nos mande Fran Puga Bestilleiro como Reponsable de Deportes do Concello de Camariñas para traervos aos máis de 2.100 usuarios desta web todas as novas relacionadas da fazaña que Nerea López xunto cos seus adestradores están a realizar en Aranda de Duero (Burgos). En fin, Nerea, moita sorte e recorda que eres todo un orgullo para os camariñáns e un exemplo para as novas xeracións. Pulsa na imaxe para ler a noticia completa.
Nerea López no Campionato de España de Bádminton
A camariñana Nerea López Lijó, foi convocada para formar parte da selección galega de bádminton sub-15, para participar no campionato de España por autonomías que como indico a continuación xogarase en Aranda de Duero (Burgos). O equipo de fórmano: Andrea Gutiérrez (Club do Mar, A Coruña), Ana Reino e Nerea Gestoso (A Estrada, Pontevedra) e Nerea López ( Escola Municipal de Camariñas) os chicos: José Manuel Padín, Pablo Sanmartín, Xoel Liñares (A Estrada, Pontevedra) e Javier González (Os Sauces, Pontevedra).
-
Cada equipo leva catro chicos e catro chicas. Xogan 7 partidos ( dous individuais femininos, dous individuais masculinos, un dobre mixto, un dobre feminino e u dobre masculino) e pasan de ronda os que consigan 4 ou máis puntos.
- Campionato de España de Seleccións Autonómicas (asisten as 15 comunidades autónomas)
- Categorías: Su 15 e Sub 17.
- Lugar: Aranda de Duero (Burgos)
- Datas: do 23 ao 28 de xuño
Parten de Santiago o martes 23 de xuño ás 8 da mañán.
Comentarios
Noraboa NEREA e ánimo.
Antonio
VITO
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.