- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 03 Xuño 2009 03 Xuño 2009
O Deporte na Escola

Nota de prensa que nos manda Fran Puga, o responsable de deportes do Concello de Camariñas na cal nos explica polo miudo o acto náutico que terá lugar este sábado 6 de xuño na nosa ría e no cal participarán moitos dos rapaces camariñáns que están a practicar o deporte de vela na noso Club Náutico. Pulsa na foto para ler a nota de prensa que nos envían dende a Concellería de Deportes do Concello de Camariñas.
Este sábado día 6 de xuño ás 13´30, dará comezo a 1ª manga
das 3 que se van desputar no Concello de Camariñas, na 3ª regata de Deporte en
Idade Esolar patrocinada pola Xunta de Galicia. Nesta proba competirán
rapaces-zas do Concello de Camariñas e alumn@s do Colexio Manuela Rial en 2
tipos de embarcación Optimist (individual) e Omega (equipo), en total serán 25
deportistas con idades comprendidas entre os 12 anos e os 14. Polo
Concello de Camariñas participarán 2 tripulacións de clase Omega e 4 regatistas
en optimist. A proba rematará as 17 horas e a posteriori farase entrega de
medallas para os 3 primeiros clasificados de cada tipo de embarcación.
Esta actividade está coorganizada entre o Concello de Camariñas e o Club Náutico de Camariñas coa colaboración de Cataventos Escola de Vela, SL e o patrocinio da Xunta de Galicia.

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.