- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 24 Mai 2009 24 Mai 2009
Os nervios tíñamolos destrozados. O desalento era evidente. Corría o minuto 90 de partido. Máis de media hora con 10 homes tras unha expulsión demasiado rigurosa contra un Alcoyano aguerrido e feroz cunha auténtica bombonera chea ata os topes e volcada co seu equipo. Unha prórroga que parecía inevitable...e gracias. Cando nunha xogada nacida da presión no medio do campo, Carmona rouba un balón a un despistado defensa, encara en solitario unha portería que parecía aloxada no fin do mundo e cede co porteiro vencido o balón a Juan Pablo. E fui explotar o delirio no Café Bar Arnela e ver as bágoas correndo polo rostro dun home feito e dereito como Juan do Penedo. Pulsa na imaxe para ver a galería fotográfica e uns videos espectaculares dun dos días máis felices da historia do Arnela, o bar paradigmático do distrito de Corea.
O Cartagena de Juanillo ascende á 2ªDivisión A
Non empezaban ben as cousas para o Cartagena: debido a problemas técnicos, os xiareiros de Juan Cabrejo Pasantes, o mellor xogador nunca habido nesta Costa da Morte dos nosos pecados, tiñan que ver o partido crucial que o enfrentaba co Alcoyano no play-off definitivo de ascenso a 2ª División A na pantalla do ordenador. Alí, nerviosos e tensos, nun recuncho e tendo que facer sitio a unha Marisa que non paraba de carrexar tapas suculentas para a afameada parroquia chiquitera do Café Bar Arnela, vimos como o Cartagena se adiantaba por un cero no marcador, resultado co que se chegaba ao descanso.
Despois chegou o director de camarinas.eu e obrou a miragre, podendo ver a través dos seus xogos de guerra informáticos o partido en formato televisivo (e non a través das destartaladas imaxes de internet) pola pantalla plana de plasma. E entón tocou sufrir. Pero sufrir de verdade, como si se tratara das tenebrosas mazmorras do edificio da Lubyanka de Moscú, onde tantos millóns foron torturados por un réxime enloquecido. Unha expulsión que o árbitro se sacou da manga. Un empate de rebote. E un 2 a 1 que equilibraba a eliminatoria tras unha embarullada xogada. Despois viñeron os calambres producto da tensión, o esforzo e o cansancio nos xogadores do Cartagena. Nove contra once. E cando xa contábamos cunha prórroga na que parecía que o noso moribundo Cartagena estaba destinado a recibir o golpe de gracia final, surxiron Carmona e Juan Pablo para poñer a rúbrica perfecta a unha temporada de ensono que aquí en camarinas.eu puidemos seguir partido a partido gracias as crónicas semanais de Juan Cabrejo Pasantes, o mellor xogador da historia da Costa da Morte. E hoxe máis que nunca.
Comentarios
UN SAÚDO.
NARABOA CAMPEONS e A DISFRUTALO.
Antonio
VAIa Celebracion No arnela......
Moitas Felicidades Juanillo..
VITO
E eso de beber unha servesa dun trajo quen me dera velo.
Bueno a disfrutalo que o meresedes e xa nos veremos pronto.
Laura
PD: como nos fixestesdes sufrir onte, condenados!!!
Enorabuena a Gelinita y a Juan por haber formado a un ganador.
Le doy gracias a Dios por el ascenso y por los momentos que he vivido...pero lo que más le agradezo es el darme la oportunidad de cruzarme en la vida a Juan Cabrejo Pasantes....una persona especial....mi amigo Juan.
Gracias Camariñas, gracias familia del Arnela y gracias Zhúkov por esta humilde web.
Aquí en Cartagena teneis vuestra casa.
Felicidades Juanillo. Juanqui, Mari Carmen, Paloma y Carlines.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.