- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 08 Setembro 2007 08 Setembro 2007
O árbitro, decisivo na derrota do F.C. Camariñas

Ante todo, camarinas.eu descúlpase ante os seus lectores polo retraso na publicación da crónica completa do partido Cee - Camariñas debida a problemas técnicos que non poideron ser resoltos ata última hora por esta xoven redacción. Unha vez presentadas formalmente as desculpas acometemos a crónica dun intenso partido que ven marcado por unha arbitraxe en entredito debido ás súas nefastas decisións cara o equipo camariñán.





- A falta de gol da dianteira do Camariñas.
- As baixas que presentaba o Camariñas para este partido: 4, e moi importantes.
- A incompetencia e cobardía do árbitro.
Estadio municipal Novo Raíces (Cee) media entrada.
Climatoloxía: Ceo despexado, sen vento, moita calor.
Estado do céspede: Natural en perfectas condicións para a práctica do fútbol.
Árbitro: Lamentable, a errónea decisión de non expulsar ao xogador do Cee condicionou todo o partido.
Aliñación do Fútbol Club Camariñas:
Marcos de Chano
Nico, Nando, Yago (Martelo min. 80), Carlos "Meu Lar" (Mejuto min. 50)
Sesiño (Chapulín min.76), Darío, Brais, Pedro
Álex e Roberto

É de destacar o gran partido de Álex, o cal ao longo dos noventa minutos trouxo en xaque a toda a defensa do equipo ceense. Das súas botas saíu o primeiro gol do Camariñas encarando en solitario ao porteiro rival e executandoo cun sangue frío digno de eloxio. Tamén na segunda parte o segundo gol do Fútbol Club Camariñas saeu das súas botas ao ser obxecto dun claro penalti que Yago Sestayo encargouse de transformar. Durante todo o partido mostrouse activo, ofreceuse aos seus compañeiros, encarou ben aos rivales, e tivo acerto ante o gol, que é o que lle falla ao Camariñas nestes comezos de temporada. De seguir así Álex poderá ser unha das solucións a este grave problema. Non se lle pode pedir máis.
{google}90354106497648301{/google}
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.