- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 13 Mai 2009 13 Mai 2009
Un camariñán, Campeón de España de Hockey

Juanillo, Víctor Vigo, Fabián Canosa... a esta lista de superclases do deporte camariñán ven a sumarse este fin de semana un xoven campeón de sangue camariñana de 19 anos, Mikel Abeal Inchaurrondo, fillo do noso querido amigo Suso Abeal, que se proclamou este domingo 10 de maio no Pavillón da Agra II da Coruña Campeón de España Junior de Hockey a Patíns co Liceo Coinasa ao impoñerse na final ao Alcobendas por un marcador de 4 a 2 poñendo fin desta forma a hexemonía dos equipos cataláns no deporte do hockey.
Debemos ter en conta que a carreira deste xoven dianteiro camariñán é meteórica xa que esta final supoñe a terceira consecutiva que disputa co Liceo. Así, na temporada 2006/2007 Mikel proclamouse campeón de España en Burgos nunha final disputada ante o Barcelona por 3-1, equipo que se tomaría cumprida vinganza no Campeonato do ano celebrado en Ordes, ao impoñerse na final ao equipo galego por 2 a 1. Finalmente, esta temporada 2008/2009 tras un maratón de 5 partidos en 3 días e tras derrotar a colosos do deporte do stick como o xa citado Barça ou o Voltregá, o Liceo tendo como dianteiro estrela a un camariñán, impúxose ao Alcobendas. Pon desta maneira Mikel o broche de ouro á súa carreira como junior e quen sabe si iniciará unha exitosa carreira como profesional no mundo do hockey. Levando polas súas venas sangue de Camariñas, non tería nada de estrano.










Comentarios
muitos saludos desde cartagena
VITO
NORABOA CAMPEON.
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.