3.9 1 1 1 1 1 Rating 3.90 (20 Votes)

 Fin de semana deportivo

O talento dos nosos rapaces, o gran responsable dos éxitos do deporte camariñán por Galicia adiante
O talento dos nosos rapaces, o gran responsable dos éxitos do deporte camariñán por Galicia adiante

Remítennos dende o Concello unha nota de prensa relativa aos resultados das Escolas Deportivas do Concello de Camariñas este último fin de semana tanto no Campeonato Galego Escolar de Bádminton celebrado en Lugo como no Campeonato en Idade Escolar de Vela que tivo lugar en Corcubión. Camarinas.eu, a web máis vista da Costa da Morte, está aberta á publicación de notas de prensa de todo tipo de entidades ou asociacións do noso Concello pregando únicamente que se remitan cunha certa anticipación e si pode ser acompañadas de fotos para poder ser publicadas na nosa páxina de inicio. Pulsa na imaxe para ler a citada nota de prensa.

BÁMINTON:
O EQUIPO CADETE MASCULINO DA ESCOLA MUNICIPAL DE BÁDMINTON DO CONCELLO DE CAMARIÑAS CLASIFCOUSE EN 5º LUGAR DO CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE BÁDMINTON CELEBRADO ESTE SÁBADO DÍA 9 DE MAIO EN LUGO. ADEMAIS Francisco Pais Fondo e Nerea López Lijó clasificaron tamén de 5º en cadete masculino e feminino respectivamente. Os resultados poederían ser mellores se non tiveran que cruzarse no cadro cos que a posteriori foron campións galegos. DE TODOS OS XEITOS E UN GRAN RESULTADO QUEDAR ENTRE OS 8 MELLORES DE GALICIA.

VELA:
O RAPACES-ZAS DA PROGRAMA O MAR NA ESCOLA DO CONCELLO DE CAMARIÑAS PARTICIPARON ESTE SÁBADO PASADO EN CORCUBIÓN NA 2ª PROBA DO CAMPIONATO EN IDADE ESCOLAR. En clase OPTIMIST Carlos González Pasantes calificou de 2º e a tripulación do OMEGA patroneado por Mauro Lista Sestayo conqueriu o mesmo posto 2º. Ademais tamén participaron Arantxa Andrade Pasantes, Manuel Lema Ageitos, Martín Méndez Campaña, Adrián Barcia Pensado, Iván Barcia Pensado, Adriana Pensado Pasantes en clase OMEGA e foi baixa de última hora Helena Ramos Campos por unha farexite. En clase OPTIMIST Marcos Amigo Rial, Daniel Lado Campaña e antes nomeado Carlos González Pasantes.
 

Comentarios   

JABA
0 # KAMPEONS!JABA 11/05/2009 20:27
Mui boas clasifikasions, tanto po ekipo de batminton,komo de vela,a nivel jalisia,enhorab uena o meu vesiño Mauro,por ese sejundo puesto en vela!
Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 11/05/2009 22:26
eu tamen quero darlle a enhoraboa a todos estes rapases e que sijades recollendo muitos premios.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.