- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 07 Mai 2009 07 Mai 2009
Confórmase a Liga de Fútbol Sala de Camariñas

Os carteles diseñados por Diego Alonso serán donados pola web lider da Costa da Morte: camarinas.eu
Xa está aquí, non podía tardar moito. Porque despois do éxito arroiador do Maratón de Futbito de San Xurxo organizado polos nosos queridos amigos Ruben "O Rusiño" e Pedriño de Marisa outros xóvenes camariñáns que intentan facer cousas polo noso concello de maneira desinteresada toman o relevo para organizar esta liga. Así, os responsables da organización da 1ª Liga de Fútbol Sala de Camariñas son os socios da Asociación Lumarea da Vila que celebran cada 23 de xuño na praia Area da Vila a maior festa de San Xoán de toda a Costa da Morte.
- Lumarea na Area da Vila, Camariñas 2007
- Preparativos da lumarea de Corea, Camariñas 2008
- Lumarea de San Xoán na Area da Vila, Camariñas 2008
LIGA DE FUTBOL SALA CAMARIÑAS 2009
ESTA ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCION NA LIGA DE FUTBOL SALA
XOGARASE TODOLOS SABADOS POLA TARDE DENDE O DIA 16 DE MAIO, REMATANDO O DIA 11 DE XULLO. O CUSTO DA INSCRIPCION E DE 70 EUROS POR EQUIPO. O DERRADEIRO DIA DE INSCRIPCION E O PROXIMO XOVES DIA 14 DE MAIO. A REUNION E SORTEO DO CAMPIONATO SERÀ O VENRES DIA 15 NO PABILLON MUNICIPAL DE CAMARIÑAS AS 21:00 H.
HABERÀ TROFEOS PARA OS 4 PRIMEIROS CLASIFICADOS E UN PREMIO ESPECIAL DE 120 EUROS PARA O CAMPION DE LIGA
NUMERO MAXIMO DE EQUIPOS: 16.
ORGANIZA: ASOCIACION LUMAREA DA VILA
COLABORA: CONCELLO DE CAMARIÑAS
ORGANIZA: ASOCIACION LUMAREA DA VILA
COLABORA: CONCELLO DE CAMARIÑAS

Comentarios
Espero que aljún equipo me apunte e así poder xojar uns partidiños.un saludo a todos
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.