- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 01 Mai 2009 01 Mai 2009
Os rapaces de Judo no prestixioso Trofeo Miguelito

Os nosos cativos puideron demostrar o seu dominio das artes marciais no principal trofeo de judo de Galicia
O Coliseum de A Coruña cheo a reventar. Ata 3.000 participantes chegados de toda Galicia para competir. Uns pais orgullosos e emocionados que dende as gradas asisten atentamente ás evolucións dos seus cativos. Un trofeo de prestixio que cumpre a súa 21ª edición e en cuia organización participa o mesmísimo Concello da Coruña. Un discurso inaugural pronunciado polo propio Alcalde herculino Javier Losada. E finalmente, os rapaces da Escola Municipal de Judo de Camariñas que desprazados este domingo 26 de abril ata o impoñente recinto coruñés víronse as caras sobre o tatami con cativos de toda Galicia. Gracias á colaboración dun vello clásico das páxinas de camarinas.eu, Jose O Rancho Jr. e a súa esposa Sonia que asistiron á exhibición judoka das súas dúas preciosas fillas Laura e Julia, poderedes ver unha amplia galería fotográfica da participación dos nosos rapaces no principal torneo de judo infantil da Comunidade Autónoma de Galicia.

Comentarios
NORABOA.Presiosas fotos
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.