- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 14 Abril 2009 14 Abril 2009
Un empate que sabe a pouco

Imaxe do partido do Cartagena contra o Alcorcon no que Juanillo protesta unha decision arbitral
Este fin de semana mentras a maior parte dos camariñáns vivíamos ensimismados nunha Semana Santa chea de reclamos turísticos atraíntes, outros, lonxe do seu fogar gañábanse a vida naquelo que mellor saben. Como, é o caso do máis grande futbolista da historia da Costa da Morte, Juanillo, que na mediterránea Cartagena encara cun empate na casa ante o Alcorcón a recta final de liga con catro partidos cruciais que determinarán si o noso querido EFESÉ esta presente na liguilla final que pode levar o seu equipo ata a Segunda Divisón A. Pulsa na imaxe para ler unha nova crónica do redactor de deportes de camarinas.eu, Juan Cabrejo Pasantes, "Juanillo".
CARTAGENA 1-1 ALCORCÓN

Imaxe do partido do Cartagena contra o Alcorcon no que Juanillo protesta unha decision arbitral
Mal resultado o desta semana no que de haber janado o partido podiamos ter resolto o primer puesto, pero este empate fai que sijamos primeiros pero estannos apretando os talóns o Leganés que está a 1 punto e o Lorca que está a 3.
Quedan 4 jornadas nas que vamos a ter que janar 3 partidos polo menos
para ser primeiros e o primeiro deles vai ser este domingo diante do
Real Madrid B, (Castilla). Puxémonos por diante no marcador pero pronto nos empataron no que fui o
único tiro a porta do Alcorcón,é unha pena que fasendo bos partidos non
janemos pero o fútbol eche así de caprichoso, e non siempre o que xoja
mellor e ten máis ocasións acaba janando. Temos que consejir
materialisar as ocasións que fasemos e volver a ser o equipo que metia
muitos joles como fasíamos anteriormente. Este domingo temos un partido complicadísimo, pois o Madrid B xójase
muito, non pode fallar mais si quer entrar en lijilla, pero penso que
podemos janarlles ben. O partido darao o canal de televión do Real Madrid TV e tamén a Tele Murciana o domingo as 5 da tarde. Bueno,espero contarvos aljo positivo para a semana.
Un saludo a todos e todas usuarias de WWW.CAMARINAS.EU
PD-Jose de Marta xa che consejirei unha desas camisetiñas blancas que tanto che justan e que a min non tanto...

Comentarios
SALUDOS E ANIMO!!!..
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.