- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 18 Marzo 2009 18 Marzo 2009
Ánimo Juanillo!! ánimo Cartagena!

En fin queridos amigos, según o noso redactor deportivo e mellor xogador da historia da Costa da Morte Juan Cabrejo, este domingo xogouse un partido entre o Sangonera e o FC Cartagena para olvidar. As dimensións do campo e a mellor predisposición dos xogadores locais nivelaron o partido cara o Sangonera. En fin, desde aquí os teus compañeiros de redacción queremos darche moitos ánimos a tí Juanillo e a tódolos xogadores do FC Cartagena. Aínda non está todo perdido. Pulsa na imaxe para ver a crónica do partido que nos manda Juan Cabrejo.
"TOCADOS(espero que fundidos non)!!!!!"
Mal partido o que xojamos en Sangonera a pesar de que se puxo todo de cara, pois adelantamonos no marcador pero non pudemos manter o resultado. Partido que sabíamos que se iba a desidir por detalles, o que menos fallara iba a janar, pois o campo é mui pequeniño e tíñamos que poñer o mono de traballo, pero ahi fomos inferiores ó rival que lle puxeron máis como se di falando mal, "mais collóns" que nós e por eso janaron.
Temos que espabilar pois o Leganés xa está a 4 puntos de nós (eso si, temos un partido menos) e non podemos fallar máis pois cada ves quedan menos jornadas e hai menos margen de error. Espero que esta derrota sirva para que sepamos que a pesar de que todo o mundo di que somos os favoritos non o creamos así, pois sin baixar do autobús non se lle jana a ninguén hoxe en dia, e este ano temos o caso máis claro no que lle pasou ó Real Madrid na copa do Rei que quedou eliminado cun sejunda B (o Real Unión de Irún) e a doble partido. Nada mais, espero que esta racha mala pase este sábado e vos poda contar mellores notisias. Un saludo a todos e todas usuarios de camariñas.eu
PD-Enhorabuena a Diego, Marcos e compañía polos 4 millóns de visitas e que sean muitas máis.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.