- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 08 Marzo 2009 08 Marzo 2009
...and the winner is... Manolito!!

Aínda que parezca mentira, este cheque non é por valor dun millón de dólares senón de de tan só 800 euriños
Home claro! claro que si!! Aínda que o gañador absoluto deste primeiro Campeonato de Pesca que organizaba a Asociación de Empresarios de Camariñas fora o veciño de Camariñas "O Regino" este humilde director quere facer de todo esto unha cousa orixinal. E resulta que ao final, o noso querido amigo Manolito batío tódolos records e, aínda que non estaba rexistrado como participante deste campeonato recolleu dos mares do Cabo Veo unha lubina de máis de 4 kilogramos. Con esta captura Manolito faríase dueño y señor do primeiro premio (800 euros) e da captura máis grande (200 euros) que sumaban 1000 euros. Pulsa na foto para ver unha galería completa de todo o que aconteceu na entrega de premio do 1º Concurso de Pesca "Cabo Vilán".
...and the winner is...Manolito!!
A entrega de premios tivo lugar como podedes observar nas imaxes no Salón de Actos do Club Náutico de Camariñas, e foi precedido dun pequeno ágape ao que asistiron entre outros o Alcalde do Concello Pichurri e a Tenente de Alcalde Sandra Insua Rial. O gañador absoluto foi o noso amigo Manuel Canosa Mouzo que se embolsou 800 euros. Sen embargo, o que causou impacto a esta redacción foi o suceso que lle aconteceu ao noso querido amigo Manolito que levantouse este domingo ás 7 da mañán para ir practicar o seu deporte favorito, a pesca deportiva, e na punta de Monte Blanco pescou unha impresionante lubina de 4 kg que o farían gañar o Primer Premio e o Premio á captura máis grande. Pero como non estaba apuntado no concurso ao final de todo esto só lle quedou unha sabrosa lubina que supoñemos comerá á plancha. En fin amigos, nada máis, só darlles as gracias a toda a cúpula desta asociación, especialmente a Mari Monte, "O Parranda", Olga, Reinaldo, etc... e esperar que para o ano en vez de vir 24 personas para este evento veñan muitas máis.
{multithumbs}
Comentarios
Non podía ser outro ó número un.Os mellores pescadores naseron nó pueblo,e as próximas competisons daránme a rasón.
NORABOA
Antonio
Que tan juapiño salistes con tio Manolito, diego.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.