- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 07 Marzo 2009 07 Marzo 2009
Queixas dos participantes polo estado da pista de Reira

No marco incomparable de Reira e o Faro Vilán desarróllase este campeonato de pesca
Eran as 8 da mañá deste sábado 7 de marzo de 2009 cando caseque 30 participantes collían camiño de Reira desde a lonxa nova de Camariñas para participar no 1º Campionato de Pesca "Cabo Vilán" organizado pola Asociación de Empresarios de Camariñas. Xa na zona de Reira e Trece os pescadores puxéronse á faena alá polas 9 e media da mañá e si ben as mareas eran propicias para a pesca dos preciados rebalos, só se chegaron a pescar unhas cantas pezas de sargos sendo o de maior peso o que pescou o veciño de Camariñas "O Regino" de 1.000 gramos xustiños. É de destacar o mal estado en que se atopan as pistas que bordean este lugar paradisíaco o cal foi causa das queixas de moitos dos participantes. Pulsa na imaxe para ler a noticia completa e ver unha galería de fotos de case 100 fotos da primeira manga do Campionato de Pesca "Cabo Vilán".
Queixas dos participantes polo estado da pista de Reira
Pois con todo esto chegou a hora do café que reparteu o Presidente da Asociación de Empresarios e hostelero camariñán Reinaldo Tajes para facer entrar un pouco en calor aos participantes do campionato e aos esforzados colaboradores da organización. A anécdota da xornada ocorreu cando un pescador atopou un cetaceo de non máis de un metro de lonxitude varado nas pedras da praia da Pedrosa xa en avanzado estado de descomposición. Outra das cousas a resaltar nesta primeira manga do campinato foron as continuadas queixas por parte de algúns dos participantes polo estado en que se atopaba a pista que vai desde o Faro Vilán ata Trece, tendo extremadas dificultades algúns deles para sortear os baches que abundan por este camiño de barro. Xa vai sendo hora de que se trate algunha solución ao respecto. En fin, xa a unha da tarde chegou a hora de sacar os aparellos do mar e examinar as capturas na lonxa nova de Camariñas. Despois disto todos os participantes, organizadores e colaboradores desta iniciativa xuntáronse no Restaurante Villa de Oro para degustar uns platos magníficos e recobrar unhas poucas forzas para continuar ca segunda manga.
{multithumbs}























Comentarios
VITO
VEÑA CHAO
Suerte os janadores.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.