- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 24 Febreiro 2009 24 Febreiro 2009
Atraco, empate e pérdida do liderato

Nesta xornada o Efesé de Juanillo perdío o liderato pero aumentou a súa ventaxa sobre os demáis rivais
Empate na casa do FC Cartagena no que foi o peor partido do Efesé dende que o aguerrido e leñero ex-central do Deportivo Paco Jémez collera as riendas do equipo cartagenero. A cousa chegou ata un punto extremo que motivou que a Xunta Directiva do club levantino interpuxera formalmente unha queixa oficial ante o Comité de Árbitros dado o constante e reiterado mal trato recibido polo equipo no que xoga o mellor futbolista da historia da Costa da Morte e redactor deportivo de camarinas.eu: Juan Cabrejo, Juanillo, un killer tamén escribindo crónicas futbolísticas para a web da súa alma.
CARTAGENA 1-1 NAVALCARNERO
Empate este domingo o que consejimos na casa diante dun rival que estaba nos postos baixos da clasificasión. Pero xa está ben!!!, estamos fartos de arbitrajes que nos quitan puntos
un dia si e outro tamén, podedes pensar que é cuestión de excusas pero
onte deseaba que ese árbitro estuvera en Camariñas nos tempos donde
tiñan que escapar polo pinar do Sejo para non levaren unha somanta de
hostias, pois desde o noso club xa se puxo unha queixa formal no comité
de árbitros polo atraco de onte que xa é a jota que colma o vaso.
Repito non é excusa pero as cámaras de televisón non engañan e vese que
o jol do Navalcarnero no minuto 90 que lles daba o empate estaba en
fora de xojo pero por 3 metros, unha cousa exagerada pero a vida é así e hai
que sejir pa diante. Anteriormente anulounos un jol por fora de xojo e
despois non nos pitan un penalty na última xojada do partido na que un
xojador visitante dalle ca man como se ve na tele. Non fixemos un bo partido, todo hai que desilo, pero pese a todo
dispuxemos de 5-6 ocasións de jol que non consejimos materialisar e eso
fui clave. Consejimos marcar no minuto 78 e a partir de ahí o xou do
árbitro Valensiano.
Volvemos a perder o liderato, pois o Leganés janou o seu partido e
sácanos un punto, pero perdio o Castilla e o Murcia B co que lle sacamos
mais ventaxa os nosos persejidores. Para a semana que ven vamos a Fuerteventura, xojamos contra o Pájara
Playas de Jandía ó lada da casa de miña tia Sefa que espero que nos
volva a dar a suerte que nos dou cando nos ven a ver contra o
Fuerteventura e que consijamos 3 puntos. Non queremos que os árbritos nos axuden, pero que non nos quiten o que é
noso, xa son muitas: Vecindario, Alcorcón, Mérida, Ciudad
Lorquí, Navalcarnero... puntos que ijual ó final os poñemos de menos.
Un saludo a tódolos usuarios de CAMARINAS.EU e hasta a próxima

Comentarios
VITO
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.