- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 09 Febreiro 2009 09 Febreiro 2009

Agora que están a punto de empezar a ruxir con forza os tambores electorales, aquí en camarinas.eu decidimos plantexar ao noso noble electorado unha nova enquisa, sentarnos a ver os toros dende a barrera e a disfrutar do espectáculo que se aveciña. Pero antes como corresponde a xente seria hai que reflexar os resultados da enquisa anterior, moi de moda tralo enésimo jaleo entre pais, entrenadores, políticos e traballadores do Concello a conta da utilización do Pavillón Municipal. O resultado do que decidío o pueblo soberano de Camariñas tras máis de 5.000 votos, dentro desta noticia. Camariñáns, El Pueblo Ha Hablado.
¿Cal é o deporte que debe potenciar máis o Concello?
A verdade é que non había que ser moi listo para predecir quen ía a gañar a enquisa: evidentemente, o Fútbol cunha certa rotundidade de 2.022 votos, o que supoñe un 39,70% do total de sufraxios emitidos. O outro gran contendente nesta dura loita a vida ou morte que tan enconados debates xenera en certos ambientes, o Balonmano, acada un total de 1.047 votos quedando na terceira posición cunha porcentaxe sobre o voto emitido do 20,60%. Porque no segundo lugar, queridos amigos, quedou para esta redacción o auténtico gañador da enquisa, o contendiente que moitos pensábamos que iba de recheo e polo que ninguén daba un peso: Ningún, que contabilizou número récord de 1.084 votos cun 21,30% do voto emitido, amosando sen dúbidas a opinión dunha importante maioría de usuarios de camarinas.eu que opinan que o que deben realmente facer os nosos fillos e deixarse de tanto deporte fora do horario escolar e centrarse nos seus estudios, que deben ser o primeiro e o principal, e só tras cumplir as súas tarefas escolares, adicarse ao deporte.
Tras estas tres primeiras eleccións, a opción máis igualitaria e posiblemente a máis racional, Todos iguais, acada 650 votos e un 12,8%, mentras que o resto de alternativas obteñen uns resultados cáseque testimoniais, sorprendendo o irrisorio 1,8% obtido no noso concello por un deporte da importancia do baloncesto, así como tamén destaca o carácter irreconciliable da pugna entre o balonmano e o fútbol, xa que a tesis que defendía a igualdade entre ambos, Balonmán e fútbol por igual, obtivo un 1,9% do voto escrutado nas mesas electorais de camarinas.eu. Finalmente, o Bádminton obtivo 133 sufraxios e un 2,6%.
En fin, queridos usuarios, aquí remata unha enquisa que no seu momento nos valío os maiores improperios dende algúns ámbitos, ben vedes que todos os deportes foron tratados por igual, que aquí non fumos terroristas de nada, porque no fondo, si vos decimos a verdade, a nos toda esta cuestión do deporte que se debería potenciar máis dende as arcas do Concello impórtanos un pimento, pero un pimento de Padrón, así pequeniño, e non un deses grandes, bermellos e do piquillo que traen dende Navarra e que tan sabrosos resultan. Por certo, interesante duelo para unha xornada gastronómica de camarinas.eu: ¿Pimientos de Padrón ou Pimientos do Piquillo?

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.